AD

Actualidad

A borrasca Kirk deixa máis de cen incidentes en Santiago, afortunadamente sen danos persoais

today9 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

09/10/2024 Os diferentes servizos municipais xestionaron desde a noite de onte ata esta mañá máis dun cento de incidencias, por mor do paso da borrasca Kirk. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, fixo balance dos incidentes nunha rolda de prensa na que mostrou o seu agradecemento e recoñecemento á Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Tussa, así como ao persoal das empresas concesionarias dos diferentes servizos, «polo seu traballo e implicación nas últimas horas, que foron moi intensas».

O edil de Convivencia explicou que desde as 2:00 da madrugada ata as 11:00 da mañá, os bombeiros realizaron 53 saídas, das que 45 foron por caída de árbores. Tamén atenderon diferentes incidencias a Policía Local, Protección Civil, e a empresa concesionaria de parques e xardíns. A maioría das incidencias, 45, foron por caídas de árbores. Nalgúns casos, esta situación derivou en cortes de estradas que ocasionaron problemas para o tráfico, sobre todo na rotonda de Vidán con Victoria Míguez, e na Avenida de Lugo, pola caída de árbores do Seminario Menor.

Xan Duro explicou que os cortes de tráfico, e as retencións derivadas deles, causaron importantes problemas no servizo de transporte público, coas liñas 6, 6A (Os Tilos-San Marcos-Aeroporto), 5 (Vite-Rocha), 7 (Aríns) e as liñas circulares como as máis afectadas. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia explicou que a normalidade foise recuperando ao longo da xornada, se ben á hora da rolda de prensa (12.30 horas) algunhas liñas sufrían atrasos e outras estaban en situación de regulación horaria para retomar os horarios normalizados.

Incidencias en muros e tellados

 

Ademais da caída de árbores, rexistrouse a caída de tres muros privados, en Poza Real de Arriba, na rúa de Ultreia e Campiña de Guadalupe. Xan Duro resaltou tamén os danos nos tellados do Conservatorio Superior de Música, no colexio de Fontiñas, onde unha árbore rompeu durante a noite un lucernario do módulo de educación infantil; no mercado de gando de Amio, ou no CSC da Trisca

Por último, Xan Duro apuntou que a caída de árbores provocou problemas tamén no subministro eléctrico, que xa foron solventados salvo algún caso puntual; e causou danos nunhas 400 luminarias do alumeado público.

Segundo o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, no Campus Sur rexistrarónse durante toda a noite refachos de vento que superaron os 60 km/hora, e o maior rexistro foi de 71,6 km/hora, ás 7:38 horas. Ademais, recolléronse 73,9 litros/m2 entre as 20 horas de onte e as 10 horas desta mañá. Noutras zonas do municipio puido haber refachos de ata 114 km/hora.

A rolda de prensa completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%