AD

Actualidad

A ‘Caldeira’ solidaria pola DANA

today7 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

O Monbus Obradoiro vai realizar unha campaña de recadación de fondos a favor da Cruz Vermella para que as doazóns cheguen aos afectados pola DANA tanto na Comunidade Valenciana como noutros puntos afectados da xeografía española.

O obxectivo final é que a afección do Monbus Obradoiro e todas as persoas que o desexen poidan aportar o seu gran de area para axudar aos afectados pola DANA. Para iso, o Monbus Obradoiro, xunto con empresas, asociacións e persoas individuais, realizará un sorteo de diferentes produtos: merchandising do equipo asinado polo plantel, dúas tarxetas regalo de Carrefour de 100 euros cada unha, unha acuarela de Lucía Medina (@lutxi.arte) relacionada co club e algunha sorpresa máis.

Para poder participar no sorteo dalgún destes agasallos, débese facer unha doazón superior a 4 euros á Cruz Vermella para axudar aos afectados pola DANA. Para iso, está habilitado o Bizum 33512 ou tamén se pode enviar un SMS coa palabra AXUDA ao 38092 e doar 6 euros (o importe íntegro de 6 € da mensaxe destinarase á Cruz Vermella Española) (Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo, Euskaltel). Att Cliente 900 104 971. donativos@cruzroja.es Pol. Prot. Datos www.cruzroja.es). Tamén se pode realizar a doazón a través do seguinte enlace da Cruz Vermella.

Posteriormente, deberedes enviarnos un correo electrónico á dirección acaldeirasolidaria@obradoirocab.com achegando unha copia do xustificante ou resgardo da doazón, xa sexa mediante o Bizum, SMS ou na propia web.

A campaña, en colaboración co patrocinador do partido fronte ao Tizona Burgos, As Cancelas, realizarase desde o xoves 7 de novembro ás 14:00 horas ata o domingo 10 de novembro ás 23:59 horas. Durante este período, todas as persoas que fixeran unha doazón á Cruz Vermella por un importe igual ou superior a 4 euros poderán enviar o seu xustificante ao correo electrónico facilitado para participar nos sorteos.

Os gañadores serán anunciados o martes 12 de novembro e comunicaráselles mediante notificación ao mesmo correo electrónico desde o que enviaron o xustificante da doazón.

Agradecemos á Cruz Vermella, As Cancelas, Lucía Medina e a todos aqueles afeccionados e patrocinadores que apoian esta campaña de doazón polos afectados pola DANA.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%