Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 junio, 2025
O xvenres 27 de xuño, ás 20:30 horas, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá a terceira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames, unha iniciativa que busca recaudar fondos para apoiar ás familias con pacientes pediátricos do CHUS e contribuír á investigación sanitaria e á mellora da atención asistencial.
Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso”, a cita está organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos, contando un ano máis coa colaboración do Concello de Ames.
O prezo do menú será de 30 euros para adultos e 15 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, dos cales 5 euros destinaranse como doazón solidaria. A entrada será de balde para menores de 6 anos.
As entradas poden adquirirse cubrindo o formulario en liña dispoñible (preme aquí) ou nos seguintes establecementos colaboradores:
Bertamiráns: Secretos de Tocador, Papelería Chavián e Don Budi
Milladoiro: Cafetería Casa da Cultura, Nenos Nais e Nonna & Go
Tamén está habilitada a opción de Fila Cero para quen desexe colaborar mediante unha doazón sen asistir ao evento. Para máis información, está dispoñible o número de teléfono 641 11 60 05.
Escrito por Líder Redacción
cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA)
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)