AD

Actualidad

Desconvocada a folga de autobuses urbanos en Santiago

today20 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

A folga de autobuses urbanos prevista para este venres en Santiago foi desconvocada tras un preacordo entre a concesionaria Monbus e os traballadores, representados pola CIG. O pacto, selado este xoves pola mañá, garante a equiparación das condicións laborais entre os empregados de Aulusa e Tralusa, as dúas empresas que prestan o servizo na cidade.

O acordo acadouse nunha reunión mediada polo Consello Galego de Relacións Laborais, onde a concesionaria aceptou todas as reivindicacións do persoal. Unha das melloras máis significativas é a creación dun cuadrante único para ambas empresas, o que permitirá unha maior estabilidade nos turnos. Ata agora, os traballadores de Aulusa exercían como correturnos sen previsión horaria e sen opción a acceder a postos fixos en Tralusa. Co novo sistema, só os empregados con menos antigüidade asumirán esa función, e por un máximo de dous anos.

A ratificación do preacordo en asemblea permitirá anular definitivamente a folga indefinida que estaba prevista para abril, así como o paro que ía ter lugar o venres 14, xa suspendido tras o inicio das negociacións. Nos últimos días, os traballadores protagonizaron concentracións na Praza de Galicia e fronte á estación intermodal, conseguindo finalmente un acordo que pon fin ao conflito.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *