AD

Actualidad

A cineasta Jaione Camborda, gran triunfadora nos Premios Mestre Mateo, próxima convidada en #CódigoAna

today25 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

Ana Pontón conversa sobre actualidade, vida e cultura coa directora de O corno, que se fixo con sete premios da Academia Galega do Audiovisual

Ademais dos adiantos que se publicarán nestes días, o programa íntegro poderá verse o mércores 27 ás 20h00 na canle de Youtube de #CódigoAna

Adianto do próximo capítulo: https://youtu.be/kYvjmcrgbPY

Santiago de Compostela, 25 de marzo do 2024.- #CódigoAna terá a Jaione Camborda como próxima convidada deste programa de conversas de Ana Pontón con referentes da sociedade. Co seu último filme, O corno, Jaione Camborda converteuse na primeira muller do Estado en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián, e tamén en facelo cunha película en galego.

Despois de ser a gran vencedora dos Premios Mestre Mateo a pasada fin de semana, o filme conta xa tamén co premio da Academia Galega do Audiovisual a Mellor longametraxe, Mellor dirección, Mellor guión, Mellor dirección de arte, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor son e Mellor vestiario.

Nesta entrega de #CódigoAna, que poderá verse ao completo este mércores 27 de novembro ás 20h00, ambas abordan cuestións como a importancia da memoria, o papel da muller na sociedade e os coidados, a identidade ou o estado do audiovisual galego.

#CódigoAna, trata temas que interesan e preocupan á cidadanía a través dos e das protagonistas que, nun cara a cara con Ana Pontón, contan a súa propia experiencia vital e profesional, coa que se poden sentir identificadas ou interpeladas outras moitas persoas. Con estas conversas, a líder do BNG quere ir máis aló do marco estritamente político e mostrar a súa faceta máis humana e persoal a través de charlas con referentes do mundo da cultura, da ciencia, da economía, do audiovisual, do feminismo e de calquera ámbito que hoxe preocupe á sociedade galega.

Tanto os avances de todos os programas como a súa posterior versión íntegra poderán verse a través  das redes sociais de #CódigoAna nas canles de Facebook, Instagram, X e Youtube, e será emitido coa regularidade que permite a axenda política da líder do BNG.

Jaione Camborda

Cineasta donostiarra afincada en Galicia, cursa os seus estudos na Escola de Cinema de Praga (FAMU) e na Escola de Cinema de Múnich (HFF). É en Galiza onde desenvolve un recoñecido traballo como directora e guionista. A súa primeira longametraxe, Arima (2019), obtivo o premio á mellor dirección na sección Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla, e á mellor película na sección Escáner do festival Márgenes, ademais de pasar pola sección Made in Spain do Festival de San Sebastián.

Previamente destaca o seu traballo dirixindo pezas curtas rodadas con material fílmico, como Proba de axilidadeNimbosLilit ou Rapa das Bestas, todas elas coa súa produtora Esnatu Zinema, fundada en Santiago de Compostela. Participou ademais como guionista das longametraxes Os fenómenos e Ons, dirixidas por Alfonso Zarauza, e ten traballado como directora de arte en varias películas doutros cineastas.

Tamén foi seleccionada para participar en diferentes laboratorios e residencias como o TIFF Filmmaker Lab do Festival Internacional de Cinema de Toronto, no programa de desenvolvemento La Incubadora – The Screen da ECAM, no programa Ikusmira Berriak do Festival de San Sebastián, ademais de ser recentemente beneficiaria da bolsa TIFF Canada Goose.

Co seu último filme, O corno, converteuse na primeira muller do Estado en gañar a Cuncha de Ouro do 71º Festival Internacional de Cine de San Sebastián, e tamén a primeira en facelo cunha película en galego.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%