Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 septiembre, 2024
As actuacións previstas levaranse a cabo nas próximas semanas en viais localizados nos núcleos de Rianxiño (Rianxo), Brión (Leiro) e A Capela (Araño). Estas consistirán fundamentalmente na renovación do firme dos viais cunha capa de mistura bituminosa en quente.
Estes traballos súmanse a actuacións semellantes executadas durante o presente exercicio nos núcleos de Suigrexa (Asados), A Revolta (Asados), Salto do Lobo (Rianxo) e Ourolo (Taragoña) no marco do desenvolvemento do Plan de Mantemento dos Viais Municipais deseñado polo Executivo de Julián Bustelo.
As actuación xa executadas, xunto coas que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, son executadas polo Servizo de Obras do Concello de Rianxo e acadan unha valoración de máis de 150.000€.
Canda estes, tamén se acometeron traballos de nivelación do firme mediante aplicación de rego asfáltico en outros puntos do municipio. O Concelleiro de Obras, José Alberto Angueira, destacou o «esforzo investidor que está realizando o Concello de Rianxo botando man de fondos propios para pouco a pouco ir correxindo o estado no que se atopan moitos dos viais municipais».
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)