AD

Actualidad

A Deputación será quen instale pantallas xigantes na Praza Roxa para ver a final da Eurocopa

today11 julio, 2024

Fondo
share close
AD

A institución provincial solicitou ao Concello de Santiago autorización para a instalación dunha pantalla xigante na praza Roxa que permita aos afeccionados e afeccionadas gozar xuntos do España- Inglaterra

Santiago, 11 de xullo de 2024. A Deputación da Coruña conivida a todos os afeccionados e afeccionadas da selección española de Santiago de Compostela e a súa contorna a gozar xuntos da final da Eurocopa na rúa este domingo, 14 de xullo.

A Deputación prevé instalar na Praza Roxa compostelá unha pantalla xigante para seguir en directo o partido España- Inglaterra no que, a partir das 21:00 horas, o combinado nacional ten a oportunidade de gañar o seu cuarto título continental.

A Deputación solicitou esta mañá a autorización do Concello de Santiago para a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa que permitirá seguir en directo o encontro e ofreceu tamén a súa colaboración aos concellos da Coruña e Ferrol para a instalación dunha infraestrutura similar, aínda que estes municipios declinaron a oferta, xa que teñen previsto realizar a montaxe con medios propios.

‘La Roja’, sobrenome co que se coñece ao combinado nacional de fútbol, chegou ao partido decisivo do campionato europeo disputado en Alemaña despois de quedar primeiro na fase de grupos ante Italia, Croacia e Albania. Posteriormente, nos cruces eliminatorios, venceu a Albania, a anfitrioa Alemaña e a Francia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%