AD

Actualidad

A Dra. Gema Castiñeiras incorpórase a HM Hospitales como directora médica en Santiago

today28 enero, 2026

Fondo
share close
AD
  • É licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria polo Hospital Universitario Juan Ramón Jiménez. Conta, ademais, con diversos mestrados no ámbito da xestión sanitaria e asistencial.
  • O Dr. Pablo Asensio, director médico de HM Hospitales en Galicia, subliña que a Dra. Castiñeiras comparte con HM Hospitales unha visión da sanidade baseada na calidade asistencial, na mellora continua e no enfoque multidisciplinario

O Grupo HM Hospitales vén de elixir á Dra. Xema Castiñeiras Pardo para facerse cargo da dirección médica de Santiago, unha das dúas grandes áreas da territorial galega, que integra HM Rosaleda e HM A Esperanza, ademais do Centro Integral Oncolóxico Clara Campal, emprazado neste último.

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, realizou a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital Universitario Juan Ramón Jiménez, ao que sumou diversos mestrados relacionados tanto co ámbito da xestión sanitaria como co asistencial. Así mesmo, a Dra. Castiñeiras coordinou e participou en diversos proxectos de investigación, enfocados en patoloxías como diabetes, fibromialxia ou fígado graxo. Tamén formou parte de diversos proxectos de promoción da saúde e prestou apoio docente na formación de residentes de Medicina Familiar e Comunitaria. Á súa actividade como médico de familia, a nova directora médica de HM Hospitales en Santiago suma unha ampla experiencia en materia de xestión empresarial no ámbito sanitario.

A Dra. Castiñeiras mostrouse moi ilusionada pola súa incorporación a HM Hospitales, “para min é un gran reto persoal e profesional e ademais, supón volver a Galicia despois dunha longa etapa en distintos puntos da costa mediterránea, polo que non podo estar máis contenta”.

O Dr. Pablo Asensio, director médico de HM Hospitales en Galicia, mostrouse moi satisfeito con esta incorporación, “a Dra. Castiñeiras comparte con
HM Hospitales unha visión da sanidade baseada na calidade asistencial, na mellora continua e no enfoque multidisciplinario, entre outros aspectos. Por iso, estou convencido de que vai ser un activo de gran valor para o Grupo como directora médica en Santiago”.

HM Hospitales

HM Hospitales é o grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional que basea a súa oferta na excelencia asistencial sumada á investigación, a docencia, a constante innovación tecnolóxica e a publicación de resultados.

Dirixido por médicos e con capital 100% español, conta na actualidade con 7.500 profesionais que concentran os seus esforzos en ofrecer unha medicina de calidade e innovadora centrada no coidado da saúde e o benestar dos seus pacientes e familiares.

HM Hospitales está formado por 54 centros asistenciais: 23 hospitais, 3 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardioloxía, Neurociencias, 5 centros especializados en Medicina da Reprodución, Saúde Ocular, Saúde Bucodental, Medicina Estética e Cirurxía Plástica e Prevención Precoz Personalizad,a ademais de 23 policlínicos. Todos eles traballan de maneira coordinada para ofrecer unha xestión integral das necesidades e requirimentos dos seus pacientes.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *