Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 enero, 2024
Recalca, en todo caso, que a enquisa válida é a do 18-F, polo que fai un chamamento á mobilización e a concentrar o voto do cambio na candidatura de Ana Pontón
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro, 2024. O director de campaña do BNG, Rubén Cela, considera que a enquisa publicada polo CIS este xoves confirma que “hai partido” de cara ás eleccións do 18-F e que estes comicios son “os máis abertos da últimas décadas”.
Cela asegura ademais que a enquisa corrobora que, tal e como mantén o Bloque dende hai meses, o Partido Popular “está claramente á baixa e pode perder a maioría absoluta” porque “hoxe hai moitos máis galegos e galegas que prefiren un cambio político que o continuismo do PP”.
Como terceira conclusión da sondaxe do Centro de Investigacións Sociais, o dirixente nacionalista apunta á confirmación de que o BNG é a forza política que máis sobe e a que lle está a disputar a maioría ao PP. “Ana Pontón é a candidata mellor valorada e está en disposición de disputarlle a presidencia do goberno a Alfonso Rueda e convertirse na primeira presidenta da historia da Xunta”, subliña.
En calquera caso, remarca que aínda quedan tres intensas semanas por diante antes da celebración dos comicios, un tempo no que está convencido de que se van agudizar as tendencias que sinala o CIS: “O BNG á alza e o PP á baixa”.
“Hai un movemento de fondo de cambio que xa é imparábel, pero é certo que a única enquisa válida e o día das eleccións”, agregou.
De aí a súa chamada á mobilización e á concentración do voto do cambio no BNG, a única forza en disposición de disputarlle a presidencia da Xunta a Rueda e liderar a alternativa ao PP. “Todas as persoas que queremos cambio, temos que ir votar. Nin un só voto de cambio pode ficar na casa”, advertiu o director de campaña do BNG.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)