AD

Actualidad

A familia Franco terá que devolver ao Concello de Santiago dúas esculturas do Mestre Mateo

today20 junio, 2025

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que este xoves o Concello recibiu a resolución do Tribunal Supremo na que se lle dá a razón na acción contra a familia Franco sobre as esculturas románicas que tiñan no seu poder e que agora terán que restituír ao patrimonio público. “O Concello acaba de recibir a resolución en que se condena aos Franco a devolver as dúas esculturas románicas atribuídas ao Mestre Mateo despois dunha longa loita”, manifestou a rexedora municipal, que subliñou esta resolución “fai xustiza”.

Goretti Sanmartín destacou que “é un día moi importante, un día grande para Santiago e para o conxunto de Galicia porque se fai xustiza”. Ademais, puxo en valor o traballo do persoal municipal e nomeadamente da Asesoría Xurídica nesta reivindicación ante a xustiza.  “Unha loita en que a sociedade civil e as persoas que traballan en memoria histórica denunciaron e deron probas de como o patrimonio da familia Franco foi conseguido con base no espolio”, engadiu.

O Concello de Santiago promoveu en 2017 unha demanda contra Carmen Franco Polo (e polo seu falecemento, contra os seus sucesores) na que exercitou unha acción reivindicatoria das dúas figuras do Pórtico da Gloria. O xulgado de Primeira Instancia e a Audiencia Provincial de Madrid desestimaran a demanda por considerar que as dúas esculturas non estaban axeitadamente identificadas. Agora, o Supremo estima o recurso interposto polo Concello en 2022, e afirma que a identificación das pezas é clara tendo en conta a documentación achegada no proceso.

En setembro de 2024, o Pleno da Corporación tamén aprobara por unanimidade instar a que outras administracións iniciaran un novo procedemento xudicial para recuperar as figuras, obra do Mestre Mateo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *