AD

Actualidad

A feira agrícola Magreco celebrarase en Boimorto os días 23 e 24 de marzo

today16 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

  • A concorrida poxa de xovencas desenvolverase o domingo ao mediodía
  • A cita contará con diversas actividades para que desfrute toda a familia
  • Un tallador con motoserra ofrecerá exhibicións o sábado todo o día
  • Aumentará a oferta para xantar, atendendo a unha demanda do público

Boimorto. 16-2-2024. Boimorto celebrará unha nova edición de Magreco na fin de semana do 23 e do 24 de marzo. A feira de maquinaria e produtos agrícolas celebrará o seu décimo aniversario cunha ampla oferta expositiva e de actividades, na que de seguro a poxa de xovencas tanto de carne como de leite volverá ser unha das citas máis concorridas. Entre as novidades, o sábado Magreco contará cun tallador con motoserra que estará facendo exhibicións durante toda a xornada, ademais de expoñer esculturas feitas con motoserra.

O campo de Rosario de Boimorto volverá acoller durante a celebración de Magreco unha  completísima mostra de maquinaría agrícola, forestal e de xardín, na que profesionais da agrogandería e tamén curiosos poderán coñecer as últimas novidades das principais marcas. Así mesmo, no polideportivo e na súa contorna, todas as persoas que visiten a feira poderán atopar os máis diversos postos de alimentación, artesanía e produtos para o campo.

Por suposto non faltará en Magreco 2024 a exposición de gando vacún. Os animais poderán verse  durante toda a fin de semana, aínda que será o domingo cando os gandeiros celebren a súa gran cita na tradicional poxa de xovencas. As asociacións de gandeiros Africor, que coordinará a poxa dos exemplares de raza frisoa, e Acruga, que supervisará a de rubia galega, garantirán que os animais presenten unha calidade xenealóxica e sanitaria excepcional para satisfacer aos gandeiros  que queren mellorar as súas explotacións. Para rematar o acto, sortearase entre os asistentes 200 euros, un lote de produtos da feira e unha das esculturas de madeira feitas o sábado coa motoserra.

A feira e o mercado completaranse cun programa de actividades para que toda a familia poida gozar da súa visita a Magreco e mesmo queden durante toda a xornada. Así, quen queira xantar na feira poderá facelo na pulpería e nos diferentes postos de comida e foodtrucks dispoñibles, que nesta edición medrarán en cantidade atendendo á demanda do público.

Magreco 2024 pechará o domingo á tardiña cunha actuación musical que se desvelará nos próximos días, ao igual que o horario e a temática de varias charlas de interese para os profesionais do sector agrogandeiro. A cativada, pola súa parte, poderá gozar con diferentes xogos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%