AD

Actualidad

A Festa Hortera de Porto do Son máis preto de ser declarada de Interese Turístico de Galicia

today7 agosto, 2025

Fondo
share close
AD

O Pleno Municipal de Porto do Son aprobou este mércores por unanimidade a proposta para que a emblemática Festa Hortera sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. A iniciativa, impulsada pola asociación organizadora, foi ben acollida por toda a corporación municipal, que destacou o impacto positivo desta celebración na dinamización social, cultural e económica do municipio.

A Festa Hortera, que celebra xa máis de dúas décadas de historia, consolidouse como un evento de referencia pola súa orixinalidade, espírito festivo e capacidade para mobilizar á veciñanza e visitantes de toda Galicia. A organización destacou o papel fundamental das persoas voluntarias e o apoio constante do pobo sonense, clave para o éxito edición tras edición.

Con esta aprobación, iníciase o proceso formal para que a Xunta de Galicia outorgue a declaración oficial, un recoñecemento que poñería en valor o esforzo colectivo e a singularidade desta cita anual.

A mirada xa está posta na vindeira edición, que será a número 25, e que promete volver converter as rúas de Porto do Son nun auténtico escenario de cor, música e extravagancia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *