AD

Actualidad

A IX carreira nocturna SantYaGo 10K chega este sábado a Santiago con todas as prazas cubertas

today7 mayo, 2025

Fondo
share close
AD
  • A carreira nocturna SantYaGo 10 K arrancará o sábado 10 de maio ás 22:00 horas desde San Francisco con 1.500 deportistas participantes, completando o límite máximo de inscricións nesta edición. Esta carreira nocturna organizada polo Club de Atletismo Fontes do Sar e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro. Este ano engadiuse a SantYaGo Escolares, cun percorrido de 4 quilómetros para participantes de 10 a 17 anos, que sairá ás 20:00 horas desde o Obradoiro con preto de 300 persoas inscritas.

A carreira nocturna SantYaGo 10K pechou as inscricións antes da data prevista ao completarse o límite máximo de participación. Así serán 1.500 persoas as que sairán o vindeiro sábado, 10 de maio, desde San Francisco ás 22:00 horas e percorrerán os 10.000 metros do circuíto ata chegar ao punto de meta instalado no Obradoiro.

Dúas horas antes, ás 20:00 horas e con saída e chegada ao Obradoiro, será a quenda das preto de 300 persoas participantes na SantYaGo Escolares -rapazada entre 10 e 17 anos-, que percorrerán un circuíto de 4 quilómetros pola zona monumental.

Cabe lembrar que a SantYaGo está incluída no Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio e que é unha cita deportiva orientada ao corredor popular, que se achega a Compostela a gozar e coñecer a cidade facendo deporte. Mantendo o seu carácter lúdico, este evento deportivo tamén contará cunha variedade de actuacións en directo ao longo de todo o percorrido, e unha serie de sorteos destinados a persoa rexistradas e voluntarias.

A carreira porá tamén este ano a disposición das persoas interesadas o ‘dorsal peregrino’ e a posibilidade de doar cartos, cuxa recadación irá este ano para ASPANAES, Entidade Non Lucrativa de Acción Social con máis de 45 anos de traxectoria que traballa para promover oportunidades en todo o ciclo vital de cada persoa con autismo e a súa familia, facilitando apoios específicos e especializados para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida.

Cortes de tráfico e desvíos 

Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido (e algunhas lindeiras) sufrirán alteracións circulatorias. O itinerario da carreira deportiva é o seguinte: saída da rúa San Francisco / Campiño de San Francisco / avenida de Xoán XXIII / avenida do Burgo das Nacións / avenida de Castelao / rúa de Vista Alegre / rúa do Avío / rúa de Vista Alegre / rúa das Salvadas / rúa das Galeras / rúa do Pombal / paseo dos Leóns / paseo da Ferradura / paseo central da Alameda / Campo da Estrela / avenida de Xoán Carlos I / Campo da Estrela / rúa da Senra / rúa da Carreira do Conde / rúa da Rapa da Folla / rúa de Montero Ríos / rúa de República El Salvador / rúa do Hórreo /  praza de Galicia / rúa Fonte de Santo Antonio / tránsito da Mercé / rúa da Ensinanza / rúa da Virxe da Cerca / rúa do Astrónomo Aller Ulloa / porta do Camiño / rúa das Rodas / rúa da Algalia de Abaixo / rúa das Casas Reais / rúa Travesa / rúa de San Bieito / rúa Santo Agostiño / praza de Santo Agostiño / rúa das Ameas / praciña de San Fiz / travesa da Universidade / praza da Universidade / praza de Mazarelos / tránsito dos Gramáticos / rúa do Cardenal Payá / rúa das Orfas / rúa da Caldeirería / rúa do Preguntoiro / praza de Cervantes / rúa da Acibechería / Vía Sacra / rúa de San Paio de Antealtares / praza Feijoo / rúa da Conga / rúa Nova / Cantón do Toural / praza do Toural / rúa do Vilar / praza de Praterías / rúa Fonseca / meta na praza do Obradoiro.

Tamén haberá un itineriario infantil de 4 km co seguinte percorrido: Praza do Obradoiro, Rúa San Francisco, Campiño de San Francisco, Avda. Xoan XXIII, Jazmines, Porta da Pena, San Martín Pinario, San Miguel,Abril Ares, Campanas de San Juan, Plaza Inmaculada, Dúas Portas. Rúa San Francisco, Campiño de San Francisco, Avda. Xoan XXIII, Jazmines, Porta da Pena, San Martín Pinario, San Miguel, Algalia Arriba, Truques, Algalia Abaixo, Casas Reais, Rúa Travesa, Rúa San Bieito, Rúa Santo Agostiño, Praza de Santo Agostiño, Rúa Ameas, Praciña de San Fiz, Travesa da Universidade, Praza da Universidade, Praza Mazarelos, Tránsito dos Gramáticos, Rúa Cardenal Payá, Rúa das Orfas, Cantón do Toural, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza Praterías, Rúa Fonseca e Praza do Obradoiro.

O itinerario da carreira absoluta pecharase ás 21.00 h e o da infantil a partir das 19.30 h. 

Desvíos

– os vehículos que accedan pola rúa de Rosalía Castro serán desviados á altura da praza de Vigo

– o tráfico procedente da avenida das Burgas desviarase cara á avenida da Coruña

– o da avenida da Coruña dirixirase cara á dereita po Rosalía de Castro

– o tráfico procedente do Hórreo desviarase cara á Ramón Piñeiro

– o de República Arxentina desvíase cara á dereita á rúa do Hórreo

– tráfico procedente do Romaño desvíase na rotonda do Avío por Ulpiano Villanueva cara á avenida de Castelao

– o tráfico de baixada da avenida de Castelao desvía cara a Ulpiano Villanueva

– os vehículos que circulen pola rúa das Galeras desvíanse por Poza de Bar

– o tráfico de baixada das Rodas desvíase cara a San Pedro.

As persoas con garaxe ou vehículo estacionado nas rúas que comprende o itinerario, non poderá circular, entrar ou saír do mesmo durante ese tempo. Se fose necesario facer uso do seu vehículo dentro do horario indicado debe sacalo antes ou esperar a que volvan a abrir as rúas ao tráfico a partir das 23:00.

A información sobre a afectación das vías, pódese consultar na páxina web https://10k.run/trafico. Para calquera outra dúbida, o correo de contacto é info@santyago10k.run.

Desvíos no transporte urbano

Debido a este corte, entre as 21:00 e as 23:30 horas veranse afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 5, 6, 6A, 7, 8, C2, C5, C11, P1, P2, P3 e P7. Pode consultarse toda a información no seguinte enlace:

https://www.tussa.org/mediateca/Doc/2025-05-10_Desvios_Tte._Urbano_carreira_g.pdf

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *