AD

Actualidad

A libraría compostelá Lila de Lilith, premio ao mellor escaparate co gallo do Día de Rosalía

today6 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Catorce librarías de toda Galicia participaron no certame.

O xurado valorou a creatividade e luminosidade da composición da libraría compostelá, que auna obras da autora, gráficas e mensaxes directas ao colectivo lector.

A Coruña, mércores 6 de marzo de 2024.- A libraría compostelá Llia de Lilith resultou ser este ano a gañadora do certame de escaparatismo que a Federación de Librarías de Galicia convoca cada ano no aniversario do Día de Rosalía de Castro.

Neste 2024 foron 14 as librarías de toda Galicia participantes no concurso, todas elas aportando visións interesantes e creativas vencelladas á obra e figura de Rosalía de Castro. Pero o xurado considerou que, de todas ellas, a libraría compostelá Lila de Lilith resultou a máis visual, diferente e creativa.

A Federación de Librarías de Galicia celebra cada ano este concurso, buscando dar un pulo á creatividade do colectivo libreiro de Galicia, que demostra cada ano unha creatividade e un compromiso dignos de mención.

A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 146 librerías de toda Galicia, que leva 45 anosbtraballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%