AD

Actualidad

A maxia enche Santiago de solidariedade coa IV Gala Benéfica de Maxia a favor de ASANOG

today18 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • O Auditorio Abanca acollerá o domingo 23 de novembro, ás 12:00 horas, un espectáculo de maxia solidaria a beneficio da infancia e adolescencia con cancro en Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025. Este domingo 23 de novembro terá lugar a IV Gala Benéfica de Maxia a favor de ASANOG (Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia), unha cita solidaria xa consolidada no calendario compostelán. Un grupo de magos e magas profesionais actuará de forma totalmente altruísta, ofrecendo un espectáculo único pensado para público de todas as idades.

A gala celebrarase ás 12:00 horas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela, converténdose nun punto de encontro para as familias e para todas aquelas persoas que queiran desfrutar dunha mañá chea de ilusión ao tempo que colaboran cunha causa imprescindible. As entradas teñen un prezo de 10€ para persoas adultas e 5€ para menores de 12 anos, e xa están dispoñibles a través de Ataquilla.

A recaudación íntegra destinarase a apoiar o labor de ASANOG coas familias que están a facer fronte ao cancro infantil e xuvenil en Galicia, permitindo á asociación continuar ofrecendo acompañamento psicolóxico, social, educativo e asistencial nos tres hospitais de referencia da comunidade e na súa sede en Santiago.

A gala conta coa colaboración de A Fundación, ademais dos propios magos que fan posible o evento ano tras ano. Desde hoxe, martes 18 de novembro, o cartel oficial poderá verse nas principais marquesinas da cidade, animando á cidadanía a participar nesta xornada máxica e solidaria.

Máis información sobre ASANOG

A Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (ASANOG) é unha entidade sn ánimo de lucro que axuda a toda a infancia e adolescencia oncolóxica de Galicia, constituida no ano 2012 e de utilidade pública desde o 2019. O seu obxectivo principal é contribuir ao mellor estado da infancia con cancro e as súas familias donde a única condición é ter un menor diagnosticado cunha enfermidade onco-hematolóxica.

Desde ASANOG proporciónase información e asesoramento a todo aquel que o solicite, ademáis de prestar o tipo de axuda segundo as necesidades de cada familia: apoio psicolóxico e social, apoio económico, apoio educativo, piso de acollida na cidade da Coruña para familias desplazadas alí.

ASANOG ponse á disposición dos medios para ofrecer declaracións tanto desde a asociación como por parte dalgúns dos magos participantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *