Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
. O Grupo Municipal Socialista celebrou este sábado en rolda de prensa a inminente inauguración da nova estación intermodal de Santiago, unha infraestrutura estratéxica impulsada polo Goberno de España a través de Adif, que estará operativa ao longo do mes de maio.
Guinarte puxo en valor que “a nova terminal levará o nome de Daniel Castelao, tal e como foi aprobado por unanimidade no Pleno da Corporación, e contará máis adiante cunha exposición itinerante sobre a súa figura, así como unha mostra permanente de esculturas metálicas conmemorativas que se distribuirán pola estación.”
O voceiro socialista explicou respecto ao aparcadoiro anexo que “está pendente a aprobación dunha modificación do proxecto para acadar as 900 prazas previstas, co obxectivo de que poida estar en funcionamento no verán de 2026.”
Sindo Guinarte puxo en valor a importancia desta infraestrutura, destacando que “a estación de Santiago é a que máis viaxeiros move en Galicia” e que, coa intermodal en marcha, converterase na principal da comunidade. Asegurou que esta obra “vai dar un mellor servizo aos usuarios e usuarias do tren”.
A delegación socialista tamén destacou as medidas do Goberno de Pedro Sánchez para favorecer a mobilidade sostible, como as bonificacións das peaxes na AP-9 e na AP-53, así como os bonos ferroviarios, que “non só benefician economicamente, senón que contribúen á sostibilidade e á redución da pegada de carbono”.
Pola súa parte, o secretario xeral do PSdeG, Aitor Bouza, tamén se puxo en valor o desbloqueo da parcela de Peleteiro, grazas ao impulso do executivo estatal, fronte ao “bloqueo previo do goberno local” de Compostela Aberta e o BNG. Os socialistas apelaron ao diálogo coa veciñanza e reclamaron que o actual goberno municipal retome a comisión mixta para avanzar neste proxecto, clave para o urbanismo da cidade e para garantir vivenda pública.
Finalmente, o PSdeG reafirmou o seu compromiso con Santiago e anunciou que seguirá traballando activamente para defender os intereses da cidadanía en todas as administracións nas que ten representación.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)