AD

Comarca

A Policía investiga o lume que afectou a tres vehículos no centro de Ribeira

today22 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Un incendio rexistrado na madrugada deste domingo deixou dous vehículos totalmente destruídos e un terceiro con danos de consideración no Paseo das Carolinas, en Ribeira.

O aviso produciuse arredor das 6.30 horas, cando un veciño contactou co 112 Galicia tras escoitar un estrondo semellante a unha explosión e comprobar que dous coches estacionados na zona estaban envoltos en chamas.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activouse de inmediato un operativo no que participaron efectivos do parque comarcal de bombeiros de Ribeira, así como axentes da Policía Local e da Policía Nacional. Os servizos de emerxencia traballaron na extinción do lume e na seguridade da contorna.

As forzas de seguridade iniciaron xa as primeiras dilixencias para esclarecer a orixe do incendio, sen que polo momento transcenderan máis datos sobre as posibles causas do suceso.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *