AD

Actualidad

A Praza da Colexiata de Sar acolle este sábado o Serán de Primavera con música tradicional e actividades para todas as idades

today13 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

A Praza da Colexiata de Sar, en Santiago de Compostela, acollerá este sábado a II edición do Serán de Primavera, unha cita coa música e coa tradición organizada pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar coa colaboración da Deputación da Coruña.

A programación comezará ás 19:00 horas co Serán miúdo, unha proposta pensada para o público familiar que incluirá xogos e obradoiros para nenos e tamén para persoas adultas.

A partir das 20:30 horas dará comezo o serán musical, no que participarán diferentes agrupacións de música e baile tradicional. Sobre o escenario actuarán Colexiata do Sar, Agrupación Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo), a Escola de Música Tradicional A Xesteira de Couso (A Estrada), a Asociación Cultural O Castro de Figueiras (Santiago) e a Asociación Tinxideira (Mazaricos), que porán música a unha noite de encontro arredor do canto, do baile e da tradición popular galega.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *