Desde este xoves 25 de abril ata o xoves 2 de maio, o tramo da rúa do Xeneral Pardiñas comprendido entre a rúa de Montero Ríos e rúa da Carreira do Conde vai quedar cortada ó tráfico con motivo dos labores de reparación do empedrado da calzada.
Durante estes días só se permitirá o acceso dende a rúa Montero Ríos aos residentes e aos vehículos para carga e descarga na Carreira do Conde. A saída cara a rúa da Senra tamén permanecerá cortada.
Doutra banda, este venres, 26 de abril, a rúa das Rodas vai quedar cortada totalmente ao tráfico entre as 10:00 e as 13:30 horas por mor da realización de obras de aglomerado. Este corte producirá os seguintes cambios na circulación:
– Invírtese o sentido de circulación da rúa de Ramón del Valle-Inclán e da costa de San Domingos. A súa entrada será a través da rúa de San Roque e a saída pola Porta do Camiño.
– O tráfico procedente da Virxe da Cerca será desviado pola rúa de San Pedro e rúa de Concheiros. Non se poderá acceder dende este punto á rúa de Ramón del Valle-Inclán.
– Para facilitar a recollida dos nenos do colexio La Salle, vaise permitir o dobre sentido de circulación na rúa de Ramón del Valle-Inclán no tramo que vai dende a entrada do aparcadoiro soterrado ata a rúa de San Roque, para evitar así a Porta do Camiño.
– O tráfico que discurra pola rúas do Rosario e de Bonaval, ao chegar á costa de San Domingos desviarase cara a praza da Porta do Camiño.
A partir das 13:30 horas a circulación quedará restablecida.
Transporte urbano
Debido a este corte, entre as 10:00 e as 13:30 horas veranse afectados os servizos de todas as liñas de transporte urbano excepto as liñas a 12, 13 (desde Xeneral Pardiñas a Belvís), C2, C4, C11 e P4. Pode consultarse toda a información no seguinte enlace:
https://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=892&lg=gal
O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
Comentarios de las entradas (0)