Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 diciembre, 2025
A semana pasada, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, acompañados de responsables da obra e técnicos do servizo acudiron ata Puente la Reina para comprobar a evolución dos traballos. A rexedora compostelá valorou esta “remodelación importante” que significa unha mellora da accesibilidade e a funcionalidade da zona.
De feito, mellorouse a accesibilidade e a funcionalidade da rúa, reorganizando o espazo dispoñible e mantendo un carril único de circulación. As novas beirarrúas son máis amplas e cun pavimento máis accesible e sen resaltes ou descontinuidades. Na intersección con otras rúas, tamén se acurtarán os puntos de cruzamentos con pasos de peóns sen desniveis para mellorar a accesibildiade e a seguridade.
Por outra parte, tamén se mellorou a calidade ambiental do espazo colocando unha faixa de vede contínua en toda a rúa que aumenta o verde urbano, engadindo novos exemplares arbóreos, dunha forma máis ordenada e contínua, que mellorará a calidade e a habitabildiade do espazo desta rúa.
Outro dos obxectivos desta obra foi renovar as redes de servizos públicos. Así, realizouse o mantemento da rede de abastecemento existente e implantouse unha nova rede de saneamento separativa e a infraestrutura necesaria para o soterrado das cablaxes de telecomunicacións.
Os materiais que se empregaron nesta obra son coherentes coas reformas que se fixeron en rúas próximas, como a rúa de Quiroga Palacios ou Batalla de Clavijo.
Sesións informativas
Ao comezo dos traballos celebráronse sesións de información coa veciñanza e puxéronse á súa disposición canles específicas para atender as cuestións relacionadas con esta obra. (Tanto dos servizos técnicos do Concello como da empresa contratista). Recibíronse varias peticións e foron atendidas polo persoal técnico.
Esta obra forma parte das actuación que estamos acometendo nos barrios da cidade para rexenerar o espazo público, como se está a executar tamén na rúa de García Lorca ou no barrio de Pontepedriña.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)