AD

Actualidad

A Selección Galega sub 17 disputará a fase final da Fase Ouro

today4 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

03-03-2024.- Un día para a historia do fútbol feminino galego. A Selección Galega sub 17 protagonizou a gran machada e xa está entre as catro mellores de España tras superar a Castilla y León na terceira e definitiva xornada da Fase Ouro. As de Quin Valbuena rematan esta fase con seis puntos e acceden á fase final que terá lugar en maio como segundas do seu grupo. Madrid foi primeira de grupo e quedaron eliminadas Cataluña e Castilla y León. Histórico.

O partido non puido comezar da mellor maneira para as nosas, posto que as de Quin Valbuena lograron adiantarse no marcador grazas a un tanto de Paula Rodríguez coa cabeza cando aínda non se cumpriu o minuto 5 da primeira parte.

O tanto deu ás a Galicia que, a pesar da fatiga e ao cansazo acumulado ao xogar tres encontros de forma consecutiva, e dúas deles ante Madrid e Cataluña, sacou o orgullo para seguir loitando por facer historia.

De feito, Castilla y León non se aproximou á meta galega durante a primeira media hora de partido, posto que as nosas tiveron o partido controlado en todo momento. Galicia optou polo fútbol control e apenas pasaron cousas durante o resto da primeira parte e coa vantaxe galega chegouse ao descanso.

Na reanudación, o guión do partido foi un calco á da primeira metade. Na primeira chegada das nosas, Lúa Arufe puxo terra de por medio no partido. A dianteira internacional rouboulle a carteira a unha das defensas locais e definiu con maestría nunha marabillosa acción individual. Corría por aquel entón o minuto 50 de partido en Cartagena.

O 0-2 deu aínda máis ás ás nosas pese ao malgaste físico. A oportunidade de facer historia estaba máis preto e Galicia voaba. Malia todo, un erro na cobertura galega provocou o tanto de Castilla y León no minuto 70 obra de Morgana, quen cun testarazo superou a Naiara Martínez.

Co 1-2 abriuse o partido e podía pasar absolutamente de todo. Malia todo, as nosas defenderon o resultado con unllas e dentes, como auténticas guerreiras e tocaron o ceo na Rexión de Murcia. Galicia disputará por primeira vez na historia a fase final da Fase Ouro do Campionato de España.

País Vasco, o noso rival nas semifinais

O País Vasco, primeiro clasificado do Grupo A, será o rival de Galicia na semifinal da Fase Ouro do Campionato de España.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%