AD

Actualidad

«A trama de ‘Indolente’ transcorre principalmente en aldeas da comarca de Negreira»

today9 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

 

O xornalista e escritor Alberto Mancebo (Vimianzo, 10-07-1083) presentará esta tarde, ás 19:30 horas, na Libraría Cauceiro de Santiago de Compostela, a súa novela «Indolente», galardoada co Premio Manuel Loureiro Rey de novela curta. Esta obra sitúa ao lector no ano 2041, no medio dunha tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar. A trama desenvolvese principalmente en aldeas da comarca de Negreira, onde a protagonista, Nora, loita por sobrevivir mentres se enfronta a personaxes perigosos e a un caos tecnolóxico provocado polo fallo dos sistemas eléctricos.

A novela, que mestura ciencia ficción e intriga, foi inspirada pola obsesión da meteoróloga Beatriz Hervella polas tormentas solares, quen tamén estará presente no evento de hoxe para ofrecer a súa perspectiva profesional. Hervella, recoñecida pola súa traxectoria como meteoróloga da televisión pública, compartirá escenario con Mancebo para debater sobre este fenómeno astronómico e as súas consecuencias.

Alberto Mancebo, que leva cinco novelas escritas —das cales dúas xa foron publicadas—, é un apaixonado da comunicación, campo no que traballa desde moi novo. Con tan só 15 anos, comezou na radio local da súa vila, unha experiencia que foi o inicio dunha carreira que o levou a traballar en diferentes medios de radio e televisión. “Sempre tiven a necesidade de contar historias e de estar en contacto coa xente. Iso é o que me move a día de hoxe, tanto no xornalismo como na escritura”, confesou durante a entrevista.

Aínda que leva apenas tres anos dedicándose á escritura, Mancebo xa logrou consolidarse no panorama literario galego con obras que mesturan temas de actualidade con escenarios futuristas. «Indolente» é a súa terceira novela escrita e a segunda en ser publicada, un fito que, segundo el mesmo, non estaba previsto nun inicio, xa que a obra naceu como un exercicio de escritura trepidante, coa intención de enganchar ao lector desde a primeira páxina.

O evento de presentación será hoxe, 9 de outubro, na Libraría Couceiro, un lugar simbólico para o autor, xa que reside no barrio de Santiago onde se atopa este emblemático espazo cultural. “Non é só unha presentación máis; é a primeira oficial de ‘Indolente’, un libro moi especial para min. Teño nervios, pero estou desexando compartir esta historia co público”, declarou.

«Indolente» promete ser unha novela impactante, non só polo seu argumento futurista e os dilemas que propón sobre o cambio climático e o avance tecnolóxico, senón tamén pola capacidade de Mancebo para crear unha atmosfera abafante e hipnótica. O evento contará coa participación de Hervella, quen falará sobre o medo ás tormentas solares e a posibilidade de que este tipo de fenómenos poidan converterse en realidade.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%