Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O ránking QS World University sitúa a USC como unha das mellores universidades do mundo nun total de 21 ámbitos temáticos das cinco áreas de coñecemento. Esta clasificación mundial, que vén de publicar a edición de 2025, realizou para o seu estudo unha análise comparativa de máis de 18.300 programas de máis de 1.700 universidades de 100 países.
Entre esas miles de institucións universitarias analizadas, a USC clasificouse entre as mellores en 21 materias, continuando a súa tendencia alcista xa que cada ano vai incrementando o número. Así, neste 2025 aparecen por vez primeira Ciencia dos Materiais e Odontoloxía, esta segunda ademais situándose entre o rango de postos 51- 120 das mellores universidades do mundo.
Completan a clasificación as materias de Historia, Arqueoloxía, Lingüística e Farmacia e Farmacoloxía, que se sitúan no intervalo 151-200. Tamén en postos destacados (201- 300) se atopan Linguas Modernas, Comunicación e media, Enxeñaría Química, Lingua e Literatura Inglesa, Educación e Agricultura e Forestal. Completan este ránking de materias destacadas no ámbito mundial Química, Dereito, Física e Astronomía, Matemáticas, Ciencias Ambientais, Medicina, Ciencias Biolóxicas, Economía e Econometría e Ciencias da Computación e Sistemas de Información.
Indicadores
QS emprega cinco métricas clave para elaborar as clasificacións por materias, que resume nun total de 55. Os indicadores de reputación, que avalían o rendemento global mundial das universidades, baséanse nas respostas de máis de 240.000 empregadores e académicos ás enquisas de QS, mentres que as citas por artigo e o índice H miden, a partir dos indicadores públicos de produción científica do persoal investigador, o seu impacto e produtividade. Pola súa banda, a Rede Internacional de Investigación (IRN) reflicte a diversidade e o alcance das conexións de investigación dunha institución e a eficacia de establecer estas redes globais. En todas elas a USC alcanza índices moi elevados, destacando de maneira global os de reputación, citacións e índice H.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)