AD

Actualidad

A Volta Galicia BTT nace como proba internacional con etapas por Lalín, O Carballiño e Melide

today7 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Redacción, 7 de abril de 2025 – A primeira edición da Volta Galicia BTT, unha proba ciclista de montaña (BTT) de carácter internacional, celebrarase entre o 1 e o 4 de maio cun percorrido que atravesará varios concellos galegos, incluíndo Lalín, O Carballiño e Melide. Organizada por catro clubs locais e homologada pola UCI, outorgará puntos para o ranking mundial, atraendo tanto a profesionales como a ciclistas populares.

As inscricións seguen abertas ata o 20 de abril, cunha tarifa «moi económica» de 100 euros para os catro días, segundo destacou Javier Busto, director da proba, durante unha entrevista en Radio Líder Santiago. «Estamos na última fase de inscricións e ampliamos o prazo para animar á xente, que neste deporte adoita apuntarse á última hora», explicou. A organización espera superar os 300 participantes na modalidade completa, aínda que tamén se permite inscribirse en etapas soltas (agás na contrarreloj individual do día 2).

O trazado, aínda exigente, foi suavizado respecto a edicións anteriores doutras probas para facelo máis accesible. «Reducimos as distancias a uns 65 km por etapa, porque sabemos que hai quen lle ten medo a 80 ou 90 km. Queremos que todo o mundo poida disfrutar», sinalou Busto. A terceira etapa levará o nome «Cerne», herdado dunha antiga marcha cicloturista, e manterá o seu espírito aberto á participación.

Busto subliñou que esta edición é un «proba piloto», pero con ambición de crecer: «A nosa idea é que a Volta Galicia BTT toque máis concellos nos próximos anos. Queremos que sexa un evento fixo no calendario galego». O director destacou ademais o esforzo colaborativo entre clubs: «É complicado que catro equipos poñanse de acordo, pero cremos que Galicia merece unha proba así».

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscripción en VoltaGaliciaBTT.com«Animamos a todo o mundo a probar, cada un pode ir ao seu ritmo. Non comemos a ninguén!», rematou Busto.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *