AD

Actualidad

A Xunta investirá máis de 60M€ na ampliación do CHUS e no Centro de Protonterapia

today22 octubre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Así mesmo, as populares destacaron os investimentos que se executarán para ultimar os traballos e equipamento do centro de saúde de Conxo, con 825.000 euros, que se atopa en proceso de reforma e nas obras de climatización do hospital de Conxo, con arredor de 500.000 €.
  • Para as populares, “é evidente que o goberno galego está a facer un importante esforzo no eido da saúde, porque isto significa investir no futuro da nosa cidade, xa que, deste xeito, Compostela pode contar cunha sanidade pública máis forte, moderna e de futuro”.

As concelleiras do Partido Popular de Santiago, María Baleato e Olaya Otero, veñen de destacar o importante investimento que levará a cabo a Xunta de Galicia no eido sanitario en Santiago, onde aportará case 60 millóns de euros en actuacións como a obra de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e a finalización da construción Centro de Protonterapia de Galicia, un centro pioneiro que situará a Santiago á vangarda da loita contra o cancro.

María Baleato indicou que, a maiores das actuacións de ampliación do CHUS, con 43 millóns de euros, “o goberno galego tamén procederá a dotalo de equipamento e mobiliario para as consultas externas, o edificio C, que estará rematado o vindeiro ano; e tamén se consignarán máis de medio millón de euros para o equipamento da Unidade de Reprodución Humana Asistida”.

Pola súa banda, Olaya Otero destacou que, no ano 2026, “rematará a construción do Centro de Protonterapia de Galicia, que conta cun orzamento de máis de 13,6 M €, que ademais servirán para a adquisición de equipamento, uns 10,7M€, o que suporá obter un sistema de planificación de imaxe, equipamento electromédico e mobiliario clínico, que significará completar as consultas de oncoloxía asentadas neste inmoble.

Así mesmo, as populares destacaron os investimentos que se executarán para ultimar os traballos e equipamento do centro de saúde de Conxo, con 825.000 euros, que se atopa en proceso de reforma e nas obras de climatización do hospital de Conxo, con arredor de 500.000 €.

“Na área de Santiago -indicou Baleato- tamén se levará a cabo un importante investimento dedicado á adquisición e renovación de equipamento para os centros de atención primaria e para as infraestruturas hospitalarias”.

Otero quixo destacar tamén “que o orzamento previsto neste eido garante o incremento retributivo para o persoal, sanitario e non sanitario; e manterase a prestación farmacéutica, así como a ortoprotésica para toda a poboación da área”.

Para as populares, “é evidente que o goberno galego está a facer un importante esforzo no eido da saúde, porque isto significa investir no futuro da nosa cidade, xa que, deste xeito, Compostela pode contar cunha sanidade pública máis forte, moderna e de futuro”.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *