AD

Actualidad

A XXVI Festa da Troita acolle a orquestra co escenario máis grande de Europa

today7 mayo, 2024

Background
share close
AD

Este martes participaba en Radio Líder Santiago o alcalde do Concello de Oroso, Alex Doval, para falar da XXVI Festa da Troita que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio en Sigüeiro. Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Os estudantes do IES de Oroso serán os encargados de dar o pregón, despois de facer «un casting» entre distintos alumnos do centro cunha ampla participación.

O rexedor lembrou a variada programación que comeza o venres 10 de maio co Festival Oroso en Vivo coas actuacións do grupo Origen e da orquestra Kubo, esta última formación conta co escenario máis grande de Europa. Unha infraestructura e loxística que o alcalde comenta con humor, «non houbo que mover os marcos pero sí os baños».

O sábado 11, ao longo do día celebrarase o Campeonato de Pesca de adultos e a Feira de Artesanía. Tamén haberá xogos de habilidade na Praza do Concello, degustación de troitas, actuacións da Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre e da Asociación Cultural Néboas do Cumio, e terá lugar o Festival Oroso en Vivo coas actuacións das formacións Tania Veiras, veciña do concello de Oroso e Olympus.

Domingo 12, na última xornada celebrarase o Campeonato de Pesca infantil e as asociacións folclóricas Buxos Verdes e Argalleiros animarán o pasacalles. Tamén haberá lectura do pregón, entrega de premios e Trofeos do Campionato de Pesca, xogos de habilidades e lóxica, un obradoiro de chaveira, animación coa charanga Km0, degustación de troitas e sesión vermú co grupo The Voice, na Alameda de Gois, e con DJ Javi Eiroa, na rúa Pablo Iglesias. Para rematar, na Alameda actuarán Dani Royo, veciño de Oroso ata hai pouco e a orquestra Los Satélites.

Entradas gratuítas para as atraccións 

Alex Doval lembou que o Concello ofrece entradas de balde para as atraccións da Festa da Troita a nenos e nenas de 0 a 16 anos, que segundo o censo son uns 1.200.

As entradas poden retirarse hoxe martes 7 e mañá mércores 8 na Casa do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00.

Dende o Consistorio lembran que é necesario estar empadroado no concello de Oroso e presentar o DNI e o Libro de Familia.

A iniciativa busca brindar aos máis novos a oportunidade de gozar ao máximo da festa.

Aprobación dos Orzamentos 

Na recta final o alcalde tamén adiantou que o próximo luns 13 de maio o concello de Ororo aprobará o seus Orzamento para 2024 apuntando que «gustaríame telos antes pero tíñamos todos os servizos sen licitar e agora temos un estudio económico de canto nos vai costar cada cousa», por iso «é o momento de aprobalos xa que sen revisar todo adecuadamente non aprobaríamos un orzamento senon un «invento». O contrato máis urxente que sairá a licitación será o de axuda no fogar, cun importe de 800.000 euros dun orzamento de 8 millóns, conclúe.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%