AD

Actualidad

Aberta a inscrición para a carreira e andaina solidaria «Unha tarde con Samuel»

today12 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O vindeiro sábado 29 de marzo, o parque do Monte do Gozo acollerá a quinta edición da Cross e Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne-Becker. Unha tarde con Samuel, unha cita deportiva cun marcado carácter solidario.

O evento foi presentado esta semana pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, xunto a Samuel e o seu pai, Juanma Mata Torreira, apoderado do Duchenne Parent Project en Santiago. A proba contará con dúas modalidades: unha carreira de 5 quilómetros, que sairá ás 18:30 h, e unha andaina de 2,8 quilómetros, que dará comezo ás 17:00 h. Ademais, a cativada tamén poderá participar en carreiras adaptadas ás súas idades, con distancias de 2 km, 1,2 km e 350 m.

A distrofia muscular de Duchenne e Becker, enfermidade que padece Samuel, é unha doenza rara e dexenerativa que, polo de agora, non ten cura. A concelleira de Deportes destacou a importancia de apoiar iniciativas como esta: «É un orgullo acoller probas deportivas no noso Concello, aínda máis cando teñen detrás unha causa solidaria como esta, organizada ademais por Samuel, un veciño noso afectado por esta enfermidade”.

As inscricións estarán abertas ata o mércores 26 de marzo en carreirasgalegas.com, onde tamén se poderá colaborar a través do dorsal 0 para aquelas persoas que queiran facer a súa achega sen participar na proba. Todos os fondos recadados destinaranse integramente á investigación desta enfermidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *