Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 agosto, 2024
13/08/2024 As actividades, todas elas de balde, sumarán case 500 horas de formación presencial e virtual e comezarán o 10 de setembro
A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha un amplo ciclo de accións formativas dirixidas a mellorar a xestión e o tecido empresarial de Compostela. As actividades, tanto presenciais como virtuais, comezarán en setembro, pero xa é posible facer a inscrición na web do programa Faino en Santiago.
As actividades formativas do ciclo «Faino en Santiago» comezarán o 10 de setembro e desenvolveránse ata o mes de novembro. Serán un total de 50 actividades que suman 476 horas de formación, e que inclúen cursos de teleformación, pílulas autoformativas, obradoiros prácticos, encontros informais e visitas a empresas. As temáticas a abordar divídense en 8 grandes áreas: ferramentas de xestión empresarial e novidades lexislativas; xestión económico-financeira das pemes; comercialización e marketing; economía circular; dixitalización; incorporación da perspectiva de xénero na xestión empresarial; xestión de persoas; e visita a empresas.
O programa, que forma parte das accións codeseñadas no ámbito do Consello Económico e Social de Santiago, pretenden mellorar e actualizar o coñecemento en materias útiles para os procesos de xestión empresarial e laboral do tecido empresarial de Santiago. A formación está especialmente dirixida ao persoal directivo, de xerencia, propiedade, e persoal laboral de empresas que teñan a súa sede e un centro de actividade en Compostela. Tamén poden participar persoas en activo ou en situación de desemprego. Todas as actividades son de balde.
Teleformación e actividades presenciais
Na modalidade de teleformación están previstas 29 actividades diferentes, desde o 10 de setembro ata o 13 de novembro. Nelas abordaranse temáticas moi diversas como financiamento, atención a clientela, ferramentas de xestión, reciclaxe, prevención do acoso sexual no traballo, ou marketing e ferramentas dixitais.
En canto á modalidade presencial, están previstas 15 accións formativas tamén sobre temáticas variadas. Así, abordaranse cuestións como os procedementos para solicitar fondos europeos Next Generation desde as empresas, as liñas de apoio financeiro, os sistemas de cotización para persoas autónomas, ou as claves para a implantación de plans de igualdade nas empresas.
Escrito por Líder Redacción
compostela faino en santiago feito en santiago radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)