AD

Actualidad

Activada a alerta vermella por temporal costeiro en todo o litoral galego

today23 febrero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar a alerta vermella por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde este mediodía no norte e noroeste da Coruña e na Mariña lucense e estenderase na madrugada do sábado ao suroeste da Coruña e a Pontevedra, con mar combinada do noroeste e ondas de ata 9 metros. Cómpre lembrar que xa desde onte se está a rexistrar en todo o litoral galego un fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa, con ondas de ata 8 metros e ocasionalmente con ventos de forza 8 e ata 74 quilómetros por hora.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Cara a reducir riscos, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Recomenda tamén non saír a navegar, pescar ou practicar deportes náuticos, así como que se respecten os cordóns de seguridade e as indicacións dos axentes.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%