Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia
O Concello de Ames organiza, un ano máis, os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia Ditos cursos, están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2011 a 2017 e impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.45h a 12.00 horas As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal Ames, 10 […]