Un incendio obriga a evacuar un edificio en A Estrada
O lume comezou nun cadro eléctrico situado na fachada do edificio e introduciuse por unha fiestra á altura do terceiro piso. Por fortuna, ninguén resultou afectado por este incendio, que, ademais dos danos ocasionados na fachada, alcanzou unha habitación. Cando os veciños foron conscientes do que sucedía abandonaron o inmoble, situado na Rúa Rosalía de Castro. Non obstante, confirmaron que, dos catro andares, hai dous que estaban deshabitados. Faltaban uns minutos para a unha da madrugada cando o 112 Galicia […]