Boqueixón inviste máis de 130.000 € na mellora do alumeado nas instalacións deportivas
O alcalde, Ovidio Rodeiro, calcula que “con estas actuacións aforraremos ata un 62% da factura mensual da luz e estaremos contribuíndo ademais a conservar o noso medio ambiente” Boqueixón, 11 de decembro de 2023.- O Concello de Boqueixón vén de investir máis de 130.000 euros na mellora das instalacións de alumeado dos seus recintos deportivos. “Un investimento que permitirá que a veciñanza poida gozar dunhas mellores instalacións, que o Concello poida aforrar ata un 62% na factura mensual da luz […]