Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A banda de música e a radio municipal de Valga celebran o vindeiro 17 de maio o seu 25 aniversario, para o cal organizan unha xornada chea de actividades gastronómicas, culturais e lúdicas, no Parque Irmáns Dios Mosquera.
A programación comezará ás 13 horas, cun concerto da Banda, e a continuación celebrarase un xantar cun menú de polbo, churrasco, sobremesa e café. Para participar hai que facer o pago na conta ES97 2080 5447 1230 4010 3378 ou a través de Bizum ao 606 237 654. O prezo é de 3 euros para nenos de ata 9 anos, 15 euros para mozos de 10 a 15 anos, e 37 euros para o resto. O ingreso farase individualmente indicando o nome e apelidos.
Ademais, haberá unha festa infantil con inchables, un espectáculo de maxia e ilusionismo do Mago Noel, xogos populares e as actuacións do Dúo Reflejos e a orquestra Capitol. O DJ Matrek será o encargado de pechar a xornada festiva.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)