Aberta a inscrición na VIII carreira nocturna SantYaGo 10K do 27 de abril
12/03/2024 Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o sábado 27 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona monumental. A […]