Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 enero, 2025
A chegada da borrasca IVO á costa galega para mañá mércores 29 de xaneiro trae consigo unha serie de avisos importantes debido ás condicións meteorolóxicas adversas. A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activa varios avisos de nivel laranxa e amarelo, especialmente nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo.
Un dos avisos máis destacados é o aviso laranxa na costa de A Coruña e Pontevedra debido aos ventos do oeste que alcanzarán forza 8 e ondas de entre 5 e 7 metros de altura, polo que se recomenda extremar as precaucións no mar. A situación será perigosa tanto para a navegación como para as actividades náuticas.
Ademais, na Mariña Lucense estará en vigor un aviso laranxa até as 12:00h pola presenza de refachos de vento do suroeste que poderían superar os 100 km/h, especialmente nas zonas máis expostas.
A provincia de A Coruña tamén presenta un aviso amarelo no litoral e no interior de Pontevedra debido a treboadas e acumulados de chuvia superiores aos 40-60 l/m² en 12 horas, o que podería afectar á seguridade vial e provocar inundacións locais.
Recomendase a toda a cidadanía estar atenta ás actualizacións da previsión meteorolóxica e tomar as medidas de seguridade necesarias. Para máis información, pode consultarse a web oficial da AEMET: aemet.es.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)