Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 abril, 2024
08/04/2024 O executivo municipal aprobou esta mañá a adxudicación do contrato para a realización das obras de rehabilitación de firmes de vías urbanas á empresa MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L por un importe de 302.998,01 €. Tamén se deu luz verde a varias adxudicacións entre as que destaca as do contrato para as obras de reurbanización da Rúa do Pombal á UTE REURBANIZACION POMBAL (INSIDE-OVIGA) por importe de 732.420,01 € así como a do servizo da dirección facultativa e de obra e a coordinación da seguridade e da saúde para a mesma actuación, á ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO SA por 31.399,50 euros.
A empresa adxudicataria MOVIMIENTO DE ARIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L contará cun prazo de execución de 4 meses para levar a cabo melloras nos firmes en nove vías da cidade, en concreto, na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. Por algunhas destas rúas discorren tramos do Camiño de Santiago ou atópanse baixo especial protección.
En total, realizaranse traballos nunha superficie aproximada de 17.780 m2 e executaranse distintos tipos de actuacións como fresado e posterior aplicación de mestura bituminosa, pintado, limpeza de determinados viarios ou saneamento das zonas deterioradas.
Obras de reurbanización da rúa do Pombal
O executivo municipal tamén acordou esta mañá a adxudicación do contrato das obras de reurbanización da rúa do Pombal á UTE REURBANIZACION POMBAL (INSIDE-OVIGA) cun orzamento total de 732.420,01 euros (base impoñible 605.305,79 € máis IVE do 21% 127.114,22 €). Ao respecto do servizo da dirección facultativa, dirección de obra e coordinación da seguridade e saúde das obras, a adxudación recaeu na empresa ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, SA., por un importe total 31.399,50 (25.950,00 € cun IVE do 21% por importe de 5.449,50 €).
Esta intervención, que terá unha duración estimada de 8 meses, levarase a cabo no treito da rúa do Pombal comprendido entre o cruzamento coa rúa Campiño da Ferradura e a intersección coa travesía do Cruceiro do Galo.
Esta reurbanización suporá unha ampliación da beirarrúa próxima ás edificacións, a colocación de pasos peonís elevados para a redución da velocidade do tráfico rodado e a renovación e dotación de servizos urbanos: abastecemento de auga e rego, saneamento, alumeado público, gas natural e telecomunicacións.
Para a calzada empregarase formigón pulido e a para a beirarrúa xunto ás edificacións, un novo pavimento de cantería granítica. Dentro dela, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano (xardineiras, asentos, papeleiras e farois) para xerar así unha liña de protección descontinua entre o tráfico rodado e os peóns. Na beirarrúa oposta, a carón do muro, colocarase un bordo de pedra granítica para separala da calzada.
Na zona central da vía, onde a beirarrúa alcanza un ancho de 3,10 metros, habilitaranse zonas de carga e descarga diferenciadas en despezamento e textura de pavimento granítico.
Ademais, durante esta intervención, aproveitarase para substituír unha antiga canalización de fibrocemento en mal estado, executarase unha nova rede de saneamento separativa (pluviais, fecais) e novas redes de telecomunicacións e alumeado. Manteranse as redes de abastecemento e gas pero levarase a cabo a substitución das acometidas.
Outras adxudicacións
O executivo municipal tamén deu luz verde á adxudicación do contrato para as obras de execución do proxecto «Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos (fase I)» á empresa ALCOMTE GALICIA SA por un importe total de 439.929,65 € (base impoñible de 363.578,22 € máis IVE do 21% de 76.351,43 €). Esta actuación esta enmarcada dentro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ Adicional 2/2022 2ª fase da Deputación Provincial da Coruña» e ten por obxecto a mellora do espazo público dispoñible no viario municipal que discorre dende A Pajuela e segue ata o Campo da festa de Marrozos mediante o seu acondicionamento con actuacións de pavimentación e formación de cuneta transitable en ambas marxes.
Pódense distinguir dúas zonas de actuación, diferenciadas polo cruzamento sobre a N-525: ao oeste, cun viario duns 4 metros de ancho mais cunetas en terra a ambas marxes; e ao leste da ponte, un treito máis urbanizado e cunha configuración totalmente independente, composto por un eixe dende a ponte con calzada de dous carrís de 3,50 metros cada un, máis beirarrúa pola marxe sur e un viario transversal que se corresponde co antigo trazado da estrada nacional e que presenta na actualidade a súa plataforma totalmente pavimentada. Tamén se prevé a construción dunha cuneta de seguridade transitable en ambas marxes da estrada e a execución de catro muros de pedra para contención do movemento de terras, a mellora dos firmes e a a instalación de 1.390 metros de tubeiras plásticas para a recollida de pluviais e a canalización do alumeado público.
A Xunta de Goberno tamén aprobou dúas adxudicacións para o contrato de servizo de traballos de actualización do catastro de Santiago á empresa CARTOGRAFÍA E MEDICIÓNS SL por un importe total de 306.363,33 € desagregado en 4 anualidades: 68.080,74 € (2024), 102.121,11 € (2025), 102.121,11 € (2026) e 34.040,37 € (2027), e a do contrato do servizo de dirección facultativa para as obras de reurbanización da rúa García Lorca a ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, SA, que presentou unha proposición económica de 68.909,50 € (base impoñible 56.950 € máis IVE do 21% 11.959,50 €).
Tamén se aprobou e o expediente de contratación do servizo de desratización e desinfectación no termo municipal de Santiago cun orzamento base de licitación de 58.557,18 € (base impoñible de 48.394,36 € e IVE do 21% de 10.162,82 €) que se desenvolverá ata o ano 2026.
Escrito por Líder Redacción
compostela obras radio lider santiago rehabilitacion ruas santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)