AD

Actualidad

Alberto Mancebo asinará exemplares da súa novela ‘Indolente’, en El Corte Inglés

today4 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024.  Este xoves, día 5, o escritor e periodista Alberto Mancebo, estará en El Corte Inglés de Santiago de Compostela, asinando exemplares do seu libro “Indolente». Será ás 19 h., na libraría, planta baixa.

Unha poderosa e inquietante narración que nos enfronta a unha historia de ameazas climáticas con personaxes que deben decidir entre a solidariedade ou a supervivencia individual. Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta 2023.

Alberto Mancebo Soto (Vimianzo, 1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve. Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) foi a súa primeira novela e con «Indolente» (Xerais, 2024) conseguiu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes. Foto do autor: Luis Sanmartín

“Indolente” Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e de subministración eléctrica. Nora lembra agora aquela situación límite, mentres intenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para chegar a Santiago canda a súa muller e as súas fillas cos equipos de urxencia que lles poden salvar a vida. Mais a viaxe non será doada. Alberto Mancebo crea unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante para enfrontarnos a unha historia de ameazas climáticas que sitúan os personaxes nun escenario agónico e ante a necesidade de se decidiren entre a solidariedade ou a supervivencia individual.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%