Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 febrero, 2025
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, convoca os concellos vinculados ou atravesados pola AP-9 co obxectivo de impulsar unha postura conxunta a prol da gratuidade desta infraestrutura que vertebra o Eixo Atlántico. A rexedora compostelá recalca que se trata dunha cita para todos aqueles concellos que se sintan apelados, de maneira que está aberta a quen queira participar, e fixou a reunión para as 12.00 horas do próximo 7 de marzo no Pazo de Raxoi.
Na misiva enviada aos concellos, a alcaldesa de Santiago expresa a relevancia que ten esta infraestrutura para a comunicación interna do país e lamenta que, pese a existir pronunciamentos parlamentarios unánimes para solicitar tanto a gratuidade como a transferencia, a situación continúa bloqueada. “Son moitos os concellos que requiren desta conexión, de maneira moi especial todos os do Eixo Atlántico, e son moitas as economías locais e sectoriais que ven condicionada a súa dinamización por unhas peaxes abusivas”, sinala na carta.
A rexedora da capital galega convoca as entidades locais afectadas por esta conexión viaria a unha reunión “entendendo que é un problema global donde debemos mostrar unidade e altura de miras, e sen menoscabo doutras iniciativas de carácter local que xustifican tamén a gratuidade inmediata de certos tramos por diferentes causas”, coa idea de lanzar unha mensaxe clara e unánime.
A alcaldesa de Santiago tense pronunciando en numerosas ocasións na xusta reclamación da gratuidade da AP-9 por tratarse dun sobrecusto para toda a poboación galega e, singularmente como rexedora compostelá, para o conxunto da veciñanza deste concello e das persoas que diariamente se moven na comarca para traballar, estudar ou outras actividades.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)