AD

Actualidad

Ames abre un novo espazo de hortas urbanas no Agro do Muíño

today26 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O alcalde, Blas García, explica que “ante a demanda da veciñanza para habilitar novas hortas urbanas, decidimos acondicionar un espazo de titularidade municipal na zona do Agro do Muíño, para dispoñer de 27 novas parcelas, nas que a veciñanza poderá traballar de xeito sostible. Esta é unha iniciativa que está funcionando moi ben, por iso decidimos ampliar as parcelas de hortas urbanas. Na actualidade o Concello dispón dun total de 113 parcelas distribuídas entre O Milladoiro, Bertamiráns e Agro do Muíño”

O concelleiro de Xestión Natural, Javier Antelo, destaca que os principais obxectivos das hortas urbanas son “recuperar espazos urbanos para uso público e achegar diversidade á paisaxe do municipio e ofrecer un espazo de ocio e actividade para as persoas. A través desta iniciativa tamén se pretende promover boas prácticas ambientais de cultivo, xestión de residuos, aforro de auga, agricultura ecolóxica, recuperación de usos e costumes da agricultura tradicional, preservación de variedades autóctonas, etc”

Ames, 26 de febreiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, vén de inaugurar un novo espazo na rúa Revolteada, no Agro do Muíño, pertencente á parroquia de Ortoño, onde se habilitaron 27 novas parcelas de 35 metros cadrados cada unha dedicadas a hortas urbanas. A semana pasada cedéronse 16 das 27 parcelas dispoñibles. As persoas que estean interesadas en optar a algunha das parcelas que quedan dispoñibles poden facelo a través do impreso de solicitude de xeito presencial no Rexistro municipal ou pola Sede electrónica. Ditas parcelas son cedidas de xeito indefinido mentres se manteña o seu uso. Ademais, esta nova área municipal vaise acondicionar con bancos e árbores para dispoñer dun novo espazo verde de lecer para a veciñanza. Estas 27 parcelas súmanse ás 36 parcelas das hortas urbanas, situadas no parque do Ameneiral, en Bertamiráns; e ás 51 parcelas de hortas urbanas no Milladoiro, situadas entre a rúa do Seixo e a rúa do Francés.

O Concello de Ames atendendo á demanda da veciñanza acaba de abrir un novo espazo de hortas urbanas na rúa Revolteada, no Agro do Muíño, pertencente á parroquia de Ortoño. Habilitáronse un total de 27 novas parcelas de 35 metros cadrados cada unha. Este espazo está delimitado e pechado cun valado para que só poidan entrar nesta zona os seus usuarios/as. Trátase dun espazo público xestionado polo Concello de Ames, formado por pequenos terreos de cultivo e destinado á práctica de agricultura sostible. Ademais, a contorna destas hortas urbanas vaise acondicionar con bancos e árbores para dispoñer dun novo espazo verde de lecer para a veciñanza.

A semana pasada cedéronse 16 das 27 parcelas dispoñibles. As persoas que estean interesadas en optar a algunha das parcelas que quedan dispoñibles poden facelo a través do impreso de solicitude de xeito presencial no Rexistro municipal ou pola Sede electrónica. Ditas parcelas son cedidas de xeito indefinido mentres se manteña o seu uso. Para facer usos destas instalacións municipais os/as usuarios/as teñen que rexerse segundo o que establece a ordenanza reguladora do funcionamento de hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames. Os cultivos admitidos son as plantas hortícolas e florais de tradición local e mailas plantas aromáticas e medicinais. Os cultivos excluídos son a plantación de arbustos e árbores. Tamén está prohibido o cultivo de plantas degradantes do solo e do subsolo, o cultivo de plantas psicotrópicas e/ou prohibidas por lei e o cultivo de transxénicos.

O alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Xestión Natural, Javier Antelo, participaron a semana pasada nunha visita ás hortas, na que as persoas que van facer uso das parcelas asinaron o correspondente convenio de cesión e recibiron as chaves para acceder ao recinto das hortas.

O rexedor municipal explica que “ante a demanda da veciñanza para habilitar novas hortas urbanas, decidimos acondicionar un espazo de titularidade municipal na zona do Agro do Muíño, para dispoñer de 27 novas parcelas, nas que a veciñanza poderá traballar de xeito sostible. Esta é unha iniciativa que está funcionando moi ben, por iso decidimos ampliar as parcelas de hortas urbanas. Na actualidade o Concello dispón dun total de 113 parcelas distribuídas entre O Milladoiro, Bertamiráns e Agro do Muíño”.

Obxectivos das hortas urbanas

Por outra banda, o concelleiro de Xestión Natural, Javier Antelo, explica que os principais obxectivos das hortas urbanas son “recuperar espazos urbanos para uso público e achegar diversidade á paisaxe do municipio e ofrecer un espazo de ocio e actividade para as persoas. A través desta iniciativa tamén se pretende promover boas prácticas ambientais de cultivo, xestión de residuos, aforro de auga, agricultura ecolóxica, recuperación de usos e costumes da agricultura tradicional, preservación de variedades autóctonas, etc. Por último, permite promover unha alimentación sa e hábitos saudables, así como impulsar un maior coñecemento e respecto polo medio natural”.

O novo espazo de hortas urbanas de Agro do Muíño conta con 6 puntos de auga e un caseto onde se dispón de distintos apeiros de labranza como aixadas, pas, angazos, regadeiras, mangueiras, etc. As persoas que empregan ditas hortas urbanas teñen que traballar de xeito sostible e non poden empregar produtos químicos, pesticidas, etc. Para iso contarán con sesións prácticas de formación para traballar de xeito correctos nas hortas.

Coa posta a disposición dos espazos hortícolas preténdese que a poboación adopte unha actitude activa na ocupación do seu tempo libre e de ocio. Trátase de facilitar a intervención de cidadáns no desenvolvemento sostible, facilitar a relación de coexistencia xeracional entre os veciños/as, e así mesmo, unha contribución ás economías familiares que se vén favorecidas polos cultivos de autoconsumo.

Estas 27 parcelas súmanse ás 36 parcelas das hortas urbanas, situadas no parque do Ameneiral, en Bertamiráns; e ás 51 parcelas de hortas urbanas no Milladoiro, situadas entre a rúa do Seixo e a rúa do Francés. As hortas urbanas de Bertamiráns están todas cedidas, mentres que en Bertamiráns hai 6 dispoñibles.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%