Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do concello de Ames. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes
O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos
Os pilotos farán unha sobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames
Ames, 17 de abril de 2024.- A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.
Unha das citas máis lonxevas do certame autonómico celebrará neste 2024 a 38º edición. Trátase do Rally Berberecho de Noia, organizado pola Escudaría Berberecho que este ano cumpre o seu 50 aniversario. O rally conta con dúas xornadas ben diferenciadas. A do venres na que non se disputarán tramos, e a do sábado que contará cun total de 4 tramos con dobre pasada.
Durante a xornada do venres (de 14:00h a 18:00h) realizaranse as verificacións técnicas. Tras realizar as verificacións, os coches poden dirixirse ao parque de asistencia, que se sitúa unha vez máis na recta de Portobravo – Lousame, ou ao parque pechado, situado en Labarta. Desde aquí partirán para a celebración da cerimonia de saída na Alameda de Noia. Os coches descansarán esa noite no propio parque pechado.
O sábado será o día de competición con 4 tramos escollidos para esta trixésimo oitava edición. Pola mañá disputaranse a dobre pasada as especiais de «Vilacoba – Vilachán» (Transportes O Jaime) e «Brión» (Vruma Kaiaks). A primeira delas trátase dun tramo moi similar ao disputado en 2017, e a segunda é unha especial totalmente nova no concello de Brión.
Pola tarde haberá outros dous especiais máis a dobre pasada, a de «Culou» (Pavimentos Noia) que é un tramo que se disputou por última vez en 2011, coñecido polos pilotos e afeccionados, e o de «Ames» (Volkswagen Autos Patiño), que se celebrará noutro concello novo para o Rally de Noia, o de Ames, que ademais será o encargado de pechar esta edición. Ás 20:20h o primeiro participante chegará ao parque pechado de Labarta, e ás 23:00h está previsto que se celebre a cerimonia de entrega de trofeos no Coliseo Noela de Noia.
Tramo de de Ames (Volkswagen Autos Patiño)
O tramo de Ames (Volkswagen Autos Patiño) ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada por este tramo: a primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas.
Recomendacións da organización
Dende a organización achegan unha serie de recomendacións como son poñerse en zonas altas, chegar con suficiente antelación á zona elixida para o ver o rally, non colapsar as rutas de evacuación e sobre todo facer caso á sinalización e ao persoal da organización. Tamén se debe respectar o medio ambiente e as propiedades privadas.
Limitación de circulación e estacionamento
Con motivo da celebración de dito rally dende o Concello comunican, a través dun bando municipal, que durante a realización da proba o sábado, 20 de abril de 2024, a veciñanza residente nos lugares polos que discorre o treito de Ames, e que teñan intención ou necesidade de desprazarse, deberán deixar os seus vehículos fóra do percorrido indicado antes das 15.30 horas. Despois desa hora, ninguén poderá moverse polo mesmo ata as 22.30 horas do mesmo día, aproximadamente.
Ademais, prohíbese estacionar nun tramo da avenida José Luís Azcárraga, situada en Bertamiráns, que comprende dende a intersección desta rúa con Camiño Novo ata a intersección coa rúa das Acacias. Neste lugar vaise instalar o parque de reagrupamento. Esta limitación estará vixente dende as 15.30 horas ata 20.00 horas do mesmo día, aproximadamente.
Written by: Líder Redacción
ames berberecho deportes motor noia radio lider santiago rally
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)