AD

Actualidad

Ames adxudicou 7 millóns de euros en obras dende o inicio do mandato 2023-2027

today4 septiembre, 2024

Background
share close
AD

Durante dito período adxudicáronse 32 contratos, tras o correspondente proceso de licitación, por valor de 6.037.916,70 euros. Deste importe o 57% (3.442.973,70 euros) corresponden con obras executadas no rural, mentres que o 43% ( 2.594.943 euros) restante son diferentes actuacións realizadas nos núcleos urbanos do Milladoiro e de Bertamiráns

Ademais, hai que engadir 21 contratos menores por valor de 949.874 euros, o que sumado ao importe de adxudicacións a través de licitación, achega un importe total de 6.987.790,70 euros, relativos a 53 proxectos de obras

O alcalde, Blas García, destaca “o esforzo inversor que está facendo o Concello de Ames, principalmente a través de fondos propios e da Deputación da Coruña, para mellorar as infraestruturas e servizos que se ofrecen ás veciñas e veciños de Ames”

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, incide que “dende o inicio deste mandato estamos centrándonos no mantemento e acondicionamento dos viarios municipais, a  mellora da seguridade viaria, a ampliación da rede de abastecemento e saneamento, e maila mellora das instalacións infantís e deportivas”

Ames, 4 de setembro de 2024.- O Concello de Ames, a 4 de setembro do ano 2024, leva adxudicados en obras un total de 6.987.790,70 euros. Este importe comprende actuacións variadas como son a pavimentación e o mantemento de vías, melloras de seguridade viaria, abastecemento e saneamento, instalacións infantís e deportivas e melloras dos núcleos rurais. Por outra banda, na actualidade están en proceso de licitación seis proxectos por valor de 715.720,79 euros.

O Goberno municipal fai balance das obras e investimentos realizados dende o inicio do mandato 2023-2027. Dende xuño de 2023 adxudicáronse actuacións por valor de 7 millóns de euros. Estas obras comprenden actuacións moi variadas como son a pavimentación e o mantemento de vías, melloras de seguridade viaria, abastecemento e saneamento, instalacións infantís e deportivas e melloras dos núcleos rurais.

Durante dito período adxudicáronse 32 contratos, tras o correspondente proceso de licitación, por valor de 6.037.916,70 euros. Deste importe o 57% (3.442.973,70 euros) corresponden con obras executadas no rural, mentres que o 43% (2.594.943 euros) restante son diferentes actuacións realizadas nos núcleos urbanos do Milladoiro e de Bertamiráns. Ademais, hai que engadir 21 contratos menores por valor de 949.874 euros, o que sumado ao importe de adxudicacións a través de licitación, achega un importe total de 6.987.790,70 euros, relativos a 53 proxectos de obras.

Por outra banda, na actualidade están en proceso de licitación seis proxectos por valor de 715.720,79 euros. A maior parte destas obras foron financiadas con cargo ao plan de obras da Deputación da Coruña, pero outras foron sufragadas a través de fondos propios do plan Ames Progresa e do Ciclo Integral da Auga.

O alcalde, Blas García, destaca “o esforzo inversor que está facendo o Concello de Ames, principalmente a través de fondos propios e da Deputación da Coruña, para mellorar as infraestruturas e servizos que se ofrecen ás veciñas e veciños de Ames. No que levamos de mandato levamos un moi bo ritmo de adxudicación de obras, a pesar das limitacións de persoal existentes nos departamentos municipais. Xa acadamos a cifra de 7 millóns de euros en contratos adxudicados, dos cales o 57% redunda na mellora do rural amesán”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, incide que “dende o inicio deste mandato estamos centrándonos no mantemento e acondicionamento dos viarios municipais, a  mellora da seguridade viaria, a ampliación da rede de abastecemento e saneamento, e maila mellora das instalacións infantís e deportivas”.

Pavimentación e mantemento de viarios

Durante este período realizáronse 14 actuacións para mellorar a pavimentación de distintos viarios municipais en Castiñeiro do Lobo; nas rúa Agro do Medio, do Rego e de Abaixo, no Milladoiro; nas rúa Muíño, Rosaleda e travesía de Paraxó, en Bertamiráns; no núcleo de O Lombao; na avenida Muíño Vello, no Milladoiro; na estrada de A Garea e nos seus interiores; no núcleo de Cortegada; na estrada de Eirapedriña; na estrada AC-544 ata a intersección coa avenida da Maía; no núcleo de O Galiñeiro; no núcleo de Framil; no núcleo de Gasamáns; na rúa Pedregal; e no núcleo de Mourigade.

Ademais, a través de contratos menores adxudicouse o arranxo nas estradas de Frenza, dende A Ponte Nova a Piñor, aglomerouse a travesía da Peregrina e maila rúa Entrerríos (onde tamén se arranxaron as beirarrúas), arranxouse o camiño de Coira, de Leboráns, a travesía de Lodeiro, o viario de Ventín, e maila estrada situada xunto á escola infantil municipal O Bosque. Por último, realizáronse traballos de pintado de varias estradas municipais.

Mellora da mobilidade e seguridade viaria

Por outra banda, o Goberno municipal está apostando por dotar ás parroquias de novas sendas peonís para mellorar a seguridade da veciñanza nos percorridos que fan a pé. Deste xeito, executáronse ou estanse a executar obras para a mellora da seguridade viaria nos núcleos de Frenza e Pedras, así como a construción dunha senda dende Covas ata Bertamiráns. Tamén se está mellorando a mobilidade na rúa Agrelo e renovando as  beirarrúas na avenida da Maía, ambas actuacións no núcleo de Bertamiráns.

Núcleos rurais, saneamento e abastecemento

Outras actuacións de gran importancia son a ampliación da rede de saneamento municipal no núcleo de Caroubáns co fin de rematar coas fosas sépticas particulares e as verteduras incontroladas ao medio natural; o proxecto de saneamento e abastecemento que se está executando no núcleo de Lens (que conta cun orzamento de 754.346 euros); e mailas obras de abastecemento e saneamento na aldea de Loureiros.

Instalacións deportivas e parques infantís

Tamén se realizaron e se están a executar obras para mellorar as instalacións deportivas como a reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns e mailas obras para realizar melloras térmicas e acústicas no pavillón polideportivo do Milladoiro. Ao mesmo tempo estanse executando as obras de rexeneración do campo de fútbol de Ortoño e xa remataron os traballos para crear un novo campo de atletismo en Ventín, que foi habilitado no antigo campo de fútbol de Biduído. Ademais realizáronse melloras nos parques infantís de Framil e do Milladoiro.

Cociña central municipal

Recentemente foi adxudicada a obra de adecuación nunha nave municipal existente para a implantación dunha cociña e creación de locais anexos auxiliares. Esta actuación foi adxudicada á empresa Ogando por un importe de 345.115 euros. A través desta actuación construirase a área da cociña central para a Rede Municipal de Comedores Escolares, que disporá dunha área de cociña xeral e outra cociña específica para intolerancias, unha zona de frío para a elaboración de primeiros pratos, sobremesas e pan; distintos almacéns; e cámaras frigoríficas; así como varias cámaras para a conservación do produto final; e dous vestiarios (feminino e masculino).

Outras actuacións

Outras actuacións que se están executando na actualidade son a ampliación da Casa da Cultura do Milladoiro, a mellora de eficiencia enerxética no Milladoiro, traballos de eficiencia enerxética en Novo Milladoiro, adecuación dun local para as oficinas municipais, obras de retranqueo da instalación eléctrica no lugar de Ventín para a construción do novo CEIP do Milladoiro.

Contratos menores

Outros contratos adxudicados a través de contratos menores foron o cambio de luminarias no parque do Ameneiral, en Bertamiráns; o arranxo do local de maiores; o arranxo do salón de plenos; o arranxo do paseo fluvial de Bertamiráns; a instalación estación de aforo Rego dos Pasos; a mellora das instalacións da Casa da Cultura de Bertamiráns; o arranxo da urbanización do PM5-03 que se atopa entre a avenida de Rosalía de Castro e a a rúa Costa Grande do Milladoiro; a instalación de novas luminarias na rúa Agrelo, en Bertamiráns; e maila instalación dunha nova marquesiña diante do centro de saúde do Milladoiro.

Proxectos en trámite de licitación

Por último, cómpre indicar que na actualidade están en proceso de licitación seis proxectos por valor de 715.720,79 euros. Ditos proxectos son a mellora da mobilidade no polígono industrial Novo Milladoiro; a pavimentación de rúa Pardiñeiros e outras, no Milladoiro; as obras de mellora dos viarios en O Prumariño e en Os Casais (plan Agader 2024-2025); a pavimentación de las Rúas Poeta da Maía, Xesteira e da Fieira, en Bertamiráns; a mellora dos viarios de Tras do Cabalo, en Agueiros, e en A Ponte Nova (plan Agader 2024-2025); e maila execución da senda e pavimentación no lugar de Coira, en Biduído.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%