AD

Actualidad

“Ames en Festas 2024” recolle dez días seguidos de festexos no Milladoiro e Bertamiráns

today23 julio, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou “cremos que é necesario facer unhas grandes festas no concello e así o estamos facendo dende 2022 colaborando coas comisións de festas. Facemos unha aposta forte por traer as mellores orquestras de Galicia porque iso vai axudar a traer xente ao noso concello e repercute de forma positiva no comercio e na hostalería local”

“Este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio nas festas do Milladoiro o sábado 3 de agosto e outro de peche nas festas de Bertamiráns o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú ao mediodía. As persoas que ofrecerán ditos pregóns serán anunciados proximamente. Ademais, de moita música tamén haberá actividades deportivas como trofeos de fútbol, torneo de 3×3 de baloncesto, etc”

Ames, 23 de xullo de 2024.- Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames colaboran para organizar 10 días de festexos no cartel “Ames en Festas 2024”, que encadea as festas da Madalena do Milladoiro, do venres 2 ao martes 6, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do mércores 7 ao domingo 11 de agosto. As mellores orquestras de Galicia pasarán por Ames: Panorama, Gran Parada, Metrópolis, Combo Dominicano, París de Noia, Os Satélites e Los Coleguitas. Tamén haberá concertos a cargo de Guadi Galego, do grupo La Banda de Ayer e Tania Veiras. Este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio nas festas do Milladoiro o sábado 3 de agosto e outro de peche nas festas de Bertamiráns o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú ao mediodía.

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, celebran por terceiro ano consecutivo, despois de facelo en 2022 e 2023, as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación de 10 días dende o venres 2 ata o domingo 11 de agosto. “Ames en Festas” é o nome deste cartel, no que colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas da Madalena e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames. As mellores orquestras de Galicia estarán en Ames este verán.

O programa foi presentado esta mañá no anfiteatro do Milladoiro, no que participaron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; así como Benjamín Seoane, en representación da comisión de festas de Bertamiráns;  Jose Zumalave e Luís Vázquez, en representación da comisión de festas do Milladoiro; e Ramón Cordido e Bea Lopez, en representación da Xuntanza de Empresarios de Ames.

Millarock, primeiro día de Ames en Festas

Abriu a presentación a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, que dixo “este ano o inicio da programación das festas faise coincidindo coa celebración do Millarock o venres 2 de agosto. Ademais, este ano o festival Millarock abre as actividades á rapazada para que participen nos obradoiros musicais e concertos didácticos que ofrecerá o persoal da Casa do Rock dende as 19.00 horas no anfiteatro do Milladoiro, onde tamén actuará Onda Dagda a parir das 21.00 horas. Despois na Travesía do Porto actuarán, a partir das 22.00 horas, os grupos Biribirlocke, Agoraphobia e Dakidarría. O Millarock segue mantendo a súa esencia de ser o evento que abre as festas do Milladoiro, pero tamén de apostar polo rock en galego, femenino e no que se lle dá cabida a grupos emerxentes e de Ames, así como a grupos consolidados”.

Por parte da comisión de festas da Madalena, do Milladoiro, interviu Jose Zumalave, que destacou “consideramos que se elaborou un bo cartel para as festa da Madalena e que van axudar e darlle vida á localidade do Milladoiro. Deste xeito, contaremos coa actuación de grandes orquestras como Panorama, Gran Parada, Metrópolis e Combo Dominicano”.

En representación da comisión de festas da Peregrina, de Bertamiráns, interviu Benjamín Seoane, que explicou que “as festas de Bertamiráns celebraranse entre o mércores 7 e mailo domingo 11 de agosto. Cinco días de festas nas que pasarán por Bertamiráns orquestras como París de Noia, Os Satélites e Los Coleguitas. Tamén contaremos con concertos a cargo de Guadi Galego, do grupo La Banda de Ayer e Tania Veiras. Os días 7, 8 e 9 haberá pasarrúas a cargo de diferentes charangas para animar á veciñanza. Para darlle continuidade ao Ameneiral Fest, que puxemos en marcha por primeira vez en 2023, imos a celebrar a segunda edición desta romaría urbana. Será o sábado 10 de agosto con sesión vermú dende as 13.30 horas. Haberá xantar e moita música”.

En representación da Xuntanza de Empresarios de Ames interviu o seu presidente, Ramón Cordido, que agradeceu “a todos os comercios e autónomos de Ames a súa implicación nestas festas, que o fan a través duns libros onde imos a publicar a programación. Agradecer tamén que as comisións de festas estean integradas por comerciantes e hostaleiros/as de Ames. Para o comercio e para XEA é importante que se poidan celebrar estas festas tanto no Milladoiro como en Bertamiráns”.

Pechou a quenda de intervencións o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García. “Agradecer o traballo das persoas que integran as comisións de festas, sobre todo da comisión de festas da Madalena porque é o primeiro ano que organizan as festas do Milladoiro, así como á comisión de festas da Peregrina, que xa está consolidada xa que é o terceiro ano que colaboran na organización das festas de Bertamiráns. Cremos que é necesario facer unhas grandes festas no concello e así o estamos facendo dende 2022 colaborando coas comisións de festas. Facemos unha aposta forte por traer as mellores orquestras de Galicia porque iso vai axudar a traer xente ao noso concello e repercute de forma positiva no comercio e na hostalería local”.

Ademais, adiantou que “este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio nas festas do Milladoiro o sábado 3 de agosto e outro de peche nas festas de Bertamiráns o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú ao mediodía. As persoas que ofrecerán ditos pregóns serán anunciados proximamente. Ademais, de moita música tamén haberá actividades deportivas como trofeos de fútbol, torneo de 3×3 de baloncesto, etc”.

Festas da Madalena no Milladoiro

Durante a primeira semana de agosto, O Milladoiro celebrará as festas da Madalena, que comezarán o venres 2 co festival Millarock. O sábado 3 de agosto contarase coa actuación da Requinta da Amaía, a orquestra Metrópolis e maila discoteca móbil Euforia. Para o domingo 4 de agosto está prevista a actuación de Airiños do Paseo de Colón xunto coa Banda de música de Brión, o Combo Dominicano e a discoteca móbil Impacto. O luns 5 contarase coa actuación da orquestra Panorama e maila discoteca móbil CDC. As festas da Madalena pecharanse o martes 6 de agosto coa actuación da orquestra Gran Parada.

Festas da Peregrina en Bertamiráns

Pola súa banda, Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 7 da man da orquestra París de Noia e maila discoteca móbil CDC. O xoves 8 será a quenda da orquestra Los Satélites. De seguido, o venres 9 de agosto, chegarán Guadi Galego, que actuará no parque do Ameneiral, así como grupo La Banda de Ayer e a discoteca móbil Impacto, que estarán no campo da festa. Para o sábado 10 de agosto está prevista a actuación da Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto con Los Coleguitas e a discoteca móbil Fabrik. As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e de Tania Veiras. Ademais, os días 7, 8 e 9 haberá pasarrúas a cargo das charangas A Santa Compaña, Os Celtas e a BBB de Ourense.

Romaría urbana

Ademais, este ano dentro das festas da Peregrina celebrarase a segunda edición da Romaría Urbana que se realizará no parque do Ameneiral o sábado 10 de agosto. Comezará ás 13.30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo dos grupos Sr. Salvaje, Stormy Trucks, Michu da Rocha e V-Roc. Haberá postos para poder xantar e moita música en directo. A través desta iniciativa trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e tamén teña un retorno económico para os establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%