AD

Actualidad

Charlas sobre o uso dos caixeiros dirixidas ás persoas maiores en Ames

today6 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias

O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns

Ames, 6 de marzo de 2024.- O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias. O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns.

O Concello de Ames organiza dúas charlas sobre o uso práctico dos caixeiros das entidades bancarias que están dirixidas ás persoas maiores. Ditas sesións inclúen consellos básicos para operar e realizar xestións a través dos caixeiros para facer pagamentos, retirar diñeiro en efectivo, pagar impostos, etc. Tamén se achegarán consellos sobre seguridade e banca móbil.

O obxectivo é dotar ás persoas maiores  da suficiente autonomía financeira para realizar operacións cotiás. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns. As sesións serán ás 12.00 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%