AD

sociedade

32 Resultados / Página 1 de 4

Fondo
AD

Actualidad

BNG chama a recuperar os nomes e apelidos na súa forma orixinal galega

Esta acción forma parte da campaña “Pronúnciate!” que vén desenvolvendo a nível nacional O BNG de Compostela reunirase ás 12:30 h deste xoves, día 12 de marzo, diante dos xulgados de Fontiñas para facer un chamamento a todas as persoas que queiran recuperar os seus nomes e apelidos na súa forma galega. O acto, que reunirá militancia e simpatizantes, e ao que se achegará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, busca loitar contra a deturpación de nomes e apelidos […]

today11 marzo, 2026

Actualidad

Fabiola García avanza no Pino un incremento do financiamento do SAF

• A conselleira de Política Social e Igualdade mantivo unha reunión de traballo co alcalde, Manuel Taboada, para abordar as melloras no Servizo de Axuda no Fogar • O rexedor destaca o "respiro económico" que supón para as arcas municipais o novo pacto entre Xunta e Fegamp O Pino. 10-3-2026.- A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Pino, Manuel Taboada, para abordar as melloras no Servizo de Axuda no […]

today10 marzo, 2026

Comercio

María Calvo Ares celebra os 100 anos convertida na única centenaria de Dodro

María Calvo Ares, veciña de O Campo, en Lestrobe, celebrou este sábado o seu cen aniversario, un fito que a converte na única persoa centenaria do concello de Dodro na actualidade. A homenaxeada recibiu a visita da concelleira de Servizos Sociais, Teresa Batalla, e do alcalde, Xabier Castro, que ademais exerceu de fotógrafo durante o encontro. Ambos quixeron trasladarlle persoalmente os parabéns da corporación municipal e recoñecer unha vida marcada polo esforzo, a familia e o arraigo á terra. María […]

today24 noviembre, 2025

Comarca

Rois felicita a María Cruces Vilas polo seu 100º aniversario

O alcalde Ramón Tojo Lens e a concelleira Victoria Quiroga visitaron á homenaxeada no seu fogar para trasladarlle os parabéns en nome de todo o municipio Rois. 21-1-2025. O Concello de Rois transmitiu os seus parabéns a María Cruces Vilas, veciña de Carrais, Herbogo, que este luns 20 de xaneiro celebrou o seu 100º aniversario rodeada da súa familia. Con motivo desta destacada efeméride, o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, e a concelleira de Cultura, Educación e Lingua, Victoria […]

today21 enero, 2025

Comarca

O Pino busca persoas voluntarias para un proxecto de verán vinculado ao Camiño de Santiago

• Está dirixido á mocidade do municipio de entre 16 e 30 anos e desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano • As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co departamento de Deportes antes do 24 de xaneiro ás 14.00 horas O Pino. 16-1-2025.- O Concello do Pino lanza unha proposta para coñecer se hai persoas interesadas en participar como voluntarias nun proxecto que se desenvolverá nos meses de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa, vinculada ao […]

today16 enero, 2025

Actualidad

Nora, o primeiro bebé de 2025 nacido en Santiago

O primeiro nacemento de 2025 en Santiago de Compostela tivo lugar no Hospital Clínico ás 00:24 horas. Nora, filla de María e David, chegou ao mundo cun peso de 3,330 kg, converténdose no segundo bebé nacido en Galicia no novo ano. A honra de ser o primeiro nacemento galego recaeu en Mauro Estévez Álvarez, que naceu no Hospital Provincial de Pontevedra ás 00:17 horas. O pequeno, fillo de Andrea Estévez Fernández e César Álvarez García, pesou 3,060 kg. Por último, […]

today1 enero, 2025

Actualidad

Falece Eduardo Otero González, primeiro alcalde democrático de Padrón

  O primeiro rexedor da democracia morreu hoxe aos 77 anos de idade “Con el o noso pobo viviu con ilusión a recuperación da democracia e os inicios dunha nova etapa de convivencia entre iguais”, asegura Anxo Arca Padrón. 12-11-2024.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, vén de asinar un decreto declarando un día de loito oficial no municipio polo pasamento de Eduardo Otero González, que se convertera no primeiro alcalde democrático trala ditadura franquista tras gañar as eleccións municipais […]

today12 noviembre, 2024

Comarca

Silleda recoñece a dona Sara, mestra centenaria, como ‘(in)visible’ do mes de setembro

Aos 101 anos, dona Sara simboliza o legado das mestras rurais que marcaron xeracións en escolas de Silleda e arredores  Silleda. 24-9-2024.- Neste mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, o Concello de Silleda recoñece a traxectoria de María Sara Asunción Fernández Blanco, coñecida como dona Sara, unha mestra que dedicou a súa vida ao ensino, e que aos seus 101 anos segue sendo un exemplo de compromiso, sabedoría e paixón pola educación. Dedicándolle o recoñecemento (in)Visibles, o […]

today24 septiembre, 2024

Actualidad

Silleda reconoce a trayectoria de Erea Viz Callejas como ‘(in)Visible’ do mes de xullo

En 2018 constituíu Amarelas S. Coop. Galega xunto a Cris González para poñer en valor o patrimonio galego a través dun turismo sostible Silleda. 16-7-2024.- Erea Viz Callejas, socia fundadora da cooperativa galega Amarelas, é a protagonista neste mes de xullo do programa (in)Visibles, co que o Concello de Silleda quere visibilizar a pegada e o legado que deixaron e deixan as mulleres no municipio. O recoñecemento a Erea Viz coincide coa conmemoración do Día das Cooperativas, que se celebra […]

today16 julio, 2024

AD