Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 noviembre, 2024
Ames, 2 de novembro de 2024.- O Concello de Ames responde á solicitude realizada pola FEMP e inicia unha campaña de recollida de alimentos e enseres en colaboración co tecido asociativo e en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias. A campaña será dirixida polo departamento de voluntariado e xa están os puntos de recollida habilitados para depositar doazóns.
Demándase leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir que poderán ser depositados nas seguintes dependencias municipais:
• Casa da cultura do Milladoiro (de 9.00h a 20.00h)
• Casa da cultura de Bertamiráns (de 9.00h a 20.00h)
• Casa do Concello (dende luns, de 9.00h a 14.00h)
• Local de Protección Civil (luns e mércores, 4 e 6 de novembro, de 16.00h a 20.00h)
O tecido asociativo de Ames tamén se mobiliza e asociacións como XEA, a Asociación Veciñal de Bugallido, a Asociación Parque Empresarial Novo Milladoiro e Viorneira habilitarán espazos para esta recollida de enseres e alimentos:
• Local da antiga escola de Bugallido: domingo, 3 de novembro (de 12.30h a 14.00h e de 18h a 20h); luns e martes, 4 e 5 de novembro (de 20h a 22h).
• Asociación parque empresarial Novo Milladoiro: luns, 4 de novembro, de 10.00h a 14.00h.
• Locais asociados a XEA (horarios de atención ao público).
Ames fai un chamamento á colaboración e solidariedade con todas as persoas damificadas por esta calamidade. Para responder a calquera dúbida sobre como colaborar nesta campaña poden chamar ao teléfono da oficina de voluntariado de Ames (662 37 70 44).
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)