AD

Actualidad

Ames investirá máis de 200.000 € na pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada

today15 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Dito proxecto, que está incluído no POS+ 2023, foi adxudicado á empresa Construcciones D. Ogando SL. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “coa adxudicación desta obra na parroquia da Ameixenda seguimos avanzando coas actuacións do POS+ 2023 e continuamos cos arranxos dos interiores de núcleos do rural. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos”

Ames, 15 de abril de 2024.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 5 de abril a adxudicación do proxecto de pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada, pertencente á parroquia da Ameixenda, por un importe de 203.679,23 euros. Dito proxecto, que está incluído no POS+ 2023, foi adxudicado á empresa Construcciones D. Ogando SL. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos do rural. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto de pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada, pertencente á parroquia da Ameixenda, por un importe de 203.679,23 euros. Dito proxecto, que está incluído no POS+ 2023, foi adxudicado á empresa Construcciones D. Ogando SL.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “coa adxudicación desta obra na parroquia da Ameixenda seguimos avanzando coas actuacións do POS+ 2023 e continuamos cos arranxos dos interiores de núcleos do rural. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos. Esta obra súmase a outra recentemente adxudicada no núcleo de Mourigade, en Bugallido. Nestas dúas obras vanse investir 371.314 euros”.

Acondicionamento do viario principal e accesos

Para os viarios do núcleo de Cortegada proxéctase un novo pavimento composto por 15  centímetros de formigón HM–20 con mallazo sobre 10 centímetros de zahorra, previa demolición do firme existente. En ambas as dúas marxes disporase unha franxa de lastra de granito de 25 centímetros de ancho e cortes transversais de 35 centímetros de ancho.

Para os viarios de acceso preténdese a mellora da capa de rodaxe mediante a execución de 5 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con 10 centímetros de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla a pavimentación dun ramal de 20 metros cun paquete de firme composto por 15 centímetros de zahorra, 15 centímetros de grava, tratamento asfáltico semiprofundo e 5 centímetros de mestura bituminosa en quente.

Nas marxes dos viarios executaranse varios treitos de cuneta transitable empregando un pavimento de formigón HM–20 con mallazo de 12 centímetros de espesor sobre 15 centímetros de zahorra, agás na cuneta da marxe esquerda do acceso sur que contará con 10 centímetros de zahorra. No exterior da cuneta, cando esta non remate nun muro, disporase un bordo de formigón prefabricado.

Rede de recollida de augas pluviais

A rede de recollida de augas pluviais realizarase mediante canalización de polipropileno de diámetros 400 milímetros e 315 milímetros. Na cuneta transitable disporanse arquetas con sumidoiro e no núcleo empregaranse arquetas con sumidoiro, pozos de rexistro e canles de fundición dúctil na fronte dalgunhas vivendas.

Para a rede de alumeado público disporase en toda a actuación unha canalización de poliproplieno de 90 milímetros de diámetro e arquetas prefabricadas. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal na viario de acceso, a sinalización horizontal e a colocación de 5 sinais de stop.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%