AD

Comarca

Ames mellora a pavimentación dos viarios da aldea de Lapido por 140.000 euros

today25 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros. Destes seis proxectos, cinco xa están en fase de licitación e só falta por licitar a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo”

“Neste caso vaise actuar nos viarios da da aldea de Lapido, que se enmarca dentro do plan de arranxo dos interiores de núcleos do rural. Deste xeito, aseguramos que as vías e os interiores dos núcleos estean correctamente acondicionados e que se mellore a súa funcionalidade e seguridade”

Ames, 25 de novembro de 2025.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de reparación e mellora da pavimentación dos viarios da aldea Lapido, na parroquia de Ortoño. O orzamento base de licitación ascende a 140.271,95 euros. Este proxecto, que se sufraga con cargo ao POS+ 2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais. Esta é unha das cinco actuacións que o Concello de Ames sufragará a través da Achega provincial de 2024 do POS+ 2025 que está dotada de 747.709,95 euros.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de reparación e mellora da pavimentación dos viarios da aldea Lapido, na parroquia de Ortoño. O orzamento base de licitación ascende a 140.271,95 euros.

A Achega provincial de 2024 do POS+ 2025 está dotada de 747.709,95 euros e inclúe a pavimentación de viarios na aldea de Barreiro; a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo; as obras de pavimentación do viario de Capeáns a Pousada; a reparación e a mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Lapido; e o proxecto de mellora das rúas Rueiro, Telleira e mailo treito inicial do camiño do Rueiro en  Bertamiráns, así como o acondicionamento do viario que vai dende A Condomiña ata As Punxeiras, na parroquia de Ortoño. Ademais, dentro do POS principal recóllese o acondicionamento da rúa Agro da Vella, situada no Milladoiro, que conta cun orzamento de 326.160,41 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro. No POS principal inclúese a execución de seis proxectos por valor de 1.073.870 euros. Destes seis proxectos, cinco xa están en fase de licitación e só falta por licitar a canalización de pluviais de Biduído de Abaixo. Neste caso vaise actuar nos viarios da da aldea de Lapido, que se enmarca dentro do plan de arranxo dos interiores de núcleos do rural. Deste xeito, aseguramos que as vías e os interiores dos núcleos estean correctamente acondicionados e que se mellore a súa funcionalidade e seguridade”.

Actuacións previstas en Lapido

As actuacións que contempla o proxecto están encamiñadas á reparación e mellora da pavimentación dos viarios da aldea de Lapido, en Ortoño. Para os viarios do núcleo (1.270 metros cadrados) proxéctase un novo pavimento composto por 15 centímetros de formigón con mallazo sobre 5 centímetros de zahorra, previa demolición da superficie de firme existente. En ambas marxes disporase dunha franxa de lastra de granito de 35 centímetros de ancho e cortes transversais, tamén de 35 centímetros de ancho.

Ademais, pavimentarase un viario de 350 metros cadrados con 15 centímetros de formigón con mallazo, con cortes transversais de lastra de granito de 35 centímetros de espesor, todo elo previa extensión dunha capa de 20 centímetros de zahorra e a correspondente apertura de caixa. Baixo o novo pavimento de formigón prevese a canalización de tubos de polipropileno de 400 milímetros e 315 milímetros coa instalación de 21 arquetas con sumidoiro e 21 pozos de rexistro, unha arqueta para colector con reixa, 4,00 metros de canle de fundición dúctil con reixa e 5,00 metros de canle de formigón polímero, para a correcta recollida de augas pluviais.

Para a rede de iluminación pública disporase en toda a actuación dunha canalización de polipropileno de 90 milímetros de diámetro coas correspondentes arquetas. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e bordos dos viarios sobre os que se prevé actuar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *