AD

Actualidad

Ames sitúase como o Concello máis transparente de Galicia

today7 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra sitúa ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 88 de España. O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes

A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 69,23% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 55,56% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data

O concelleiro de Transparencia, Javier Antelo, sinala que “o Concello de Ames ascende ata a primeira posición do índice DAM para avaliar a transparencia dos municipios, gracias ao traballo coordinado de varios departamentos municipais. Na actualidade contamos con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra. Agardamos poder seguir sumando indicadores para poder manter esta primeira posición no índice de Concellos galegos e seguir subindo posicións a nivel estatal”

Ames, 7 de marzo de 2024.- O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra sitúa ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 88 de España. O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 69,23% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 55,56% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.

A última avaliación publicada polo portal de auditoría e observación social Dyntra sitúa a Ames como o Concello máis transparente dos 34 municipios galegos que teñen máis de 15.000 habitantes, logrando unha puntuación do 63,58%. Estes datos supoñen unha mellora dun 4,32% con respecto á última avaliación realizada por Dyntra hai arredor dun ano. Ademais, o municipio tamén escala no ránking a nivel estatal. Se en xaneiro de 2023 se situaba no posto 109, actualmente ostenta o posto 88, igualando en puntuación ao Concello de Santomera (Murcia).

O portal municipal web, xestionado polo departamento de Comunicación do Concello, aposta por potenciar os contidos de transparencia para cumprir cos índices da organización Transparencia Internacional. Desta maneira, este tipo de datos poden atoparse nos apartados “Transparencia” e “Organización municipal”, organizados de maneira accesible á veciñanza. Por outra banda, dende o 2017 o Concello publica información sobre a xestión orzamentaria na páxina web dos Orzamentos abertos, baseada nos principios de transparencia, eficacia, participación e consulta.

A avaliación de Dyntra está dividida en seis apartados, nos cales o Concello de Ames obtén as seguintes puntuacións: 69,23% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 55,56% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data. A avaliación da transparencia está baseada no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios).

O portal rexistra unha evolución moi favorable do Concello dende as primeiras avaliacións rexistradas. En outubro do 2015, cando se recolleron os primeiros datos de transparencia, o índice de Ames situábase no 16,78%. Xa no 2016, a porcentaxe evolucionou favorablemente cara un 29,45%. A partir do ano 2020, tras a implantación uns meses antes da nova páxina web municipal e do novo Portal de Transparencia, alcanzouse o 57,67%. En xaneiro de 2023 Ames situaba como o terceiro Concello máis transparente de Galicia cunha porcentaxe do 59,26%.

O concelleiro de Transparencia, Javier Antelo, sinala que “o Concello de Ames ascende ata a primeira posición do índice DAM para avaliar a transparencia dos municipios, gracias ao traballo coordinado de varios departamentos municipais. Na actualidade contamos con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra. Agardamos poder seguir sumando indicadores para poder manter esta primeira posición no índice de Concellos galegos e seguir subindo posicións a nivel estatal”.

Aspectos avaliados por Dyntra

No apartado de transparencia municipal o Concello de Ames obtén unha puntuación do 69,23%. Esta sección está á súa vez dividida en diversos apartados: información sobre os cargos electos e o persoal do Concello (66,67%, 22 de 33 indicadores); información sobre a organización e o patrimonio do Concello (80%, 8 de 10 indicadores); información sobre normas e institucións municipais (81,82%, 9 de 11 indicadores); e planificación e organización do Concello (54,55%, 6 de 11 indicadores).

Por outra banda, na sección de participación e colaboración cidadá a porcentaxe acadada por Ames é do 54,55%. Neste apartado inclúense a información e a atencións ao cidadán (63,64%, 7 de 11 indicadores) e o grado de compromiso coa cidadanía (50%, 11 de 22 indicadores).

En terceiro lugar sitúase a sección de transparencia económica-financieira, na que se obtén unha puntuación do 55,56%, e dentro da que se inclúe a información contable e orzamentaria (40%, 2 de 5 indicadores); a transparencia nos ingresos e gastos municipais (20%, 1 de 5 indicadores); a transparencia nas débedas municipais (50%, 2 de 4 indicadores); así como a información económica e orzamentaria (76,92%, 10 de 13 indicadores).

O apartado contratacións de servizos está á cabeza nas puntuacións, logrando acadar unha porcentaxe do 75%. Os procedementos de contratación de servizos valóranse cun 100%, cumprindo tres de tres indicadores posibles; e tamén se puntúa cun 100% as relacións e operacións con provedores e contratistas. Por último, a subsección contratos, convenios e subvencións obtén un 63,64% (7 de 11 indicadores).

Urbanismo e obras públicas alcanza un 65%: os plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos acadan o 100%, igual que a información sobre empresas concorrentes, ofertas e resolucións. As decisións sobre recalificacións e adxudicacións urbanísticas logran un 50%, mentres que os anuncios e licitacións de obras públicas acadan o 75%. Por outra banda, o seguimento e control da execución de obras chega ao 60%. A subsección indicadores sobre urbanismo e obras públicas é valorado cun 0%, ao non contar con ningún dos tres aspectos a avaliar publicados.

Para finalizar, o Concello tampouco obtén puntuación no apartado de open data, ao non contar cunha plataforma deste tipo na que se publiquen os datos en formato aberto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%