Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 octubre, 2025
O 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso arredor das 18:20 horas. Ao parecer, un traballador sufrira un accidente cunha máquina no Pumariño, na parroquia de Pousada.
Ata o lugar acudiu o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ademais da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boqueixón.
Logo de que os servizos chegasen ata a zona, o ferido foi trasladado a bordo do helicóptero ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago. Polo que indicaron, o implicado sufrira a amputación de varios dedos dunha man mentres estaba a traballar cunha fresadora.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)