AD

Actualidad

Ana Pontón, Noa Presas e Gustavo Barcia buscarán liderar o BNG na súa XVIII Asemblea Nacional

today21 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 21 novembro 2024.- O BNG pecha o proceso preasembleario coa presentación de tres candidaturas á XVIII Asemblea Nacional que terá lugar o vindeiro 1 de decembro en Santiago de Compostela, cita coa militancia que se celebra coincidindo co seu mellor momento social e electoral. As tres candidaturas presentadas están encabezadas por Ana Pontón, actual portavoz nacional; Noa Presas, deputada no Parlamento galego; e Gustavo Barcia, portavoz municipal no Concello de Mos.

O Bloque chega a esta XVIII Asemblea Nacional, que leva por lema Coa túa forza Galiza gaña, logo dun debate participativo ao longo de todas as comarcas do País e na diáspora sobre o rumbo político, estratéxico e organizativo a desenvolver nos próximos anos, que será definido o 1 de decembro na cita asemblearia.

Así pois, a formación nacionalista debaterá e aprobará as grandes liñas que marcarán o seu proxecto de futuro co obxectivo de seguir ampliando a súa base social para liderar en 2027 a transformación dos concellos e en 2028 o Goberno galego.

Neste sentido, a organización mostra o seu convencemento de que mantendo a liña política seguida nos últimos anos, baseada en facilitar respostas e alternativas aos problemas da xente no seu día a día e na defensa dos intereses e do futuro do País, o BNG non ten ningún límite e pode chegar a electorados de moi diferente natureza.

Por iso, coa nova etapa que comezará despois da asemblea, a formación nacionalista reafirmará o seu compromiso de seguir estando á altura de todas as esperanzas e de todas as ilusións que foi capaz de xerar na sociedade galega.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *